Bandeira branca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira branca na neve.
Soldados italianos réndense durante a invasión aliada de Sicilia (1943).

A bandeira branca é unha bandeira de cor branca, un símbolo internacional de paz que se usa habitualmente en tempos de guerra ou conflito. Pode significar varias cousas, incluíndo a rendición, unha solución parlamentaria, un alto o fogo ou a fin das hostilidades.

É recoñecida pola Conferencia da Haia de 1899. Antes desta data o símbolo da bandeira branca estaba protexido polo tratado internacional e polo tanto converteuse nun costume do dereito internacional.

Orixes[editar | editar a fonte]

Utilizouse como símbolo da capitulación durante a dinastía Han (220 d.C.). Durante o Imperio Romano o historiador Tácito mencionou o uso da bandeira branca como símbolo da rendición dos lexionarios no 109 d.C. antes diso, os romanos indican a súa rendición poñendo os seus escudos na cabeza.[1]

O seu uso foi diferente en varios continentes. Por exemplo, o explorador portugués Gaspar Correia argumentou que en 1502 (como escribiu máis tarde en 1550) o príncipe indio samorín de Kozhikode enviou uns negociadores equipados cun pano branco atado a un pau como símbolo da paz cara ao seu inimigo Vasco da Gama.[2]

En 1625, o xurista Hugo Grotius menciónao no seu libro De iure belli ac pacis ("As leis da guerra e da paz", un dos textos fundamentais do dereito internacional), recoñecéndoo como un sinal tácito de apelación ao parlamento, e será tan obrigatorio coma se se expresase con palabras".[3]

Outros usos[editar | editar a fonte]

  • Durante as carreiras de Fórmula 1, mostrar a bandeira branca indica que hai un vehículo lento na pista, como un coche que se retira ou un medio de servizo ou rescate.[4]
  • En 1996, os talibáns utilizaron a bandeira branca como bandeira nacional de Afganistán. Ao ano seguinte engadiuse un shahada negro.[5]
  • Nas escolas austríacas lánzase cando os alumnos aproban o exame de secundaria .
  • A bandeira branca ondeaba no palacio oficial de París dende o antigo réxime até o 31 de xullo de 1830 e representaba un símbolo borbónico.
  • A bandeira de Chipre desde 1960 é unha bandeira branca cun mapa da illa e pólas de oliveira (outro símbolo de paz).[6]
  • A bandeira da República de Bosnia e Hercegovina entre 1992 e 1998 era unha bandeira branca coas armas da dinastía Kotromanić.[7]
  • O país conceptual de Nutopía foi creado por John Lennon e Yoko Ono en 1973, como resposta satírica aos problemas de inmigración de Lennon. A súa bandeira é branca sólida[8]. Algúns criticaron a asociación coa rendición, pero Lennon e Ono defendérona como representativa do compromiso e da paz.
  • Durante os primeiros meses da pandemia de Covid-19, moitos belgas mostraron unha bandeira branca fronte á súa casa para apoiar ao persoal sanitario e de servizos esenciais; tamén ondeou no Palacio Real de Bélxica [9]
  • O pobo malaio lanzou un movemento cos cancelo #benderaputih e #whiteflag, instando aos que están en necesidades económicas e precisan alimentos a enarborar unha bandeira branca fóra dos seus fogares.[10]
  • O pavillón marítimo galego no século XVIII era unha bandeira branca co cáliz e cruces do escudo de Galiza.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Koerner, Brendan I. Why Do Surrendering Soldiers Wave White Flags? a Slate.com
  2. Gaspar Correia, Lendas da Índia (scritto c.1550, pub. 1858), p.300 "mandou hum seu Bramane em huma almadia com hum pano branco atado e um páu por sinal de paz"
  3. "un segno tacito di chiedere al parlamento, e sarà come obbligatorio, come se espresso dalle parole."
  4. (en inglés) Web oficial de Fórmula 1
  5. Flags of the World, consultat el 19/2/2009 (en inglés)
  6. "Presidency of the Republic of Cyprus - The Flag". web.archive.org. 2017-01-26. Archived from the original on 26 de xaneiro de 2017. Consultado o 2022-04-19. 
  7. R-Wasp, Diterbangkan oleh. "Makna Bendera Negara-Negara Pecahan Yugoslavia". Republik Eusosialis Tawon. Consultado o 2022-04-19. 
  8. Peace, Imagine. "On the Day of the Birth of Nutopia - 1 April 2022 by Yoko Ono". IMAGINE PEACE (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2022. Consultado o 2022-04-19. 
  9. "Coronavirus: le drapeau blanc du palais royal". lavenir.net (en francés). 3 March 2020. 
  10. "benderaputih white flag movement; things you need to know". scecreation.com. 
  11. Nicolaas Witsen, Cornelis van Eyk, Carel Allard (1718). chez David Mortier, Libraire, ed. "Pavillon de Galice". Les pavillons, ou banniéres, que la plûpart des nations arborent en mer. Ámsterdan. p. 56. (en francés)