Bandeira dos aborixes australianos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bandeira aborixe australiana»)
Bandeira dos aborixes australianos
Bandeira dos aborixes australianos
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción14 de xullo de 1995
Cores     Negro     Amarelo     Vermello

A bandeira dos aborixes australianos é a bandeira étnica que representa aos pobos aborixes australianos. Malia ser unha das bandeiras de Australia e posuír un status legal e político especial,[1] non é a bandeira nacional do país. Adoita ondear a carón da bandeira australiana e da bandeira dos insulares do estreito de Torres, que tamén é oficial.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Foi deseñada en 1971 polo artista aborixe Harold Thomas, que é descendente do pobo luritja e posúe os dereitos de propiedade intelectual da bandeira. Orixinalmente foi ideada para o movemento dos dereitos das terras, mais posteriormente converteuse nun símbolo dos pobos aborixes de Australia. O Goberno de Australia concedeulle o status de bandeira oficial o 14 de xullo de 1995.[2]

Simbolismo[editar | editar a fonte]

Segundo o seu creador, o significado simbólico das súas cores é:[3]

  • Franxa negra – representa o pobo aborixe.
  • Círculo amarelo – representa o Sol, protector e creador da vida.
  • Franxa vermella – representa a terra ocre.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Commonwealth of Australia Gazette, Special, No. S 259, 14 de xullo de 1995 (a special issue printed in colour on high quality paper found at the back of Government Notices issue No. GN 28, 19 de xullo de 1995, xunto coa proclamación (No. S 258) da Bandeira dos insulares do estreito de Torres).
  2. Commonwealth of Australia Gazette, Special, No. S 259, 14 de xullo de 1995. Atópase no Government Notices issue No. GN 28, 19 de xullo de 1995.
  3. "Indigenous Australian flags". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 23 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]