Banda de Música Xuvenil de Xinzo
Banda de Música Xuvenil de Xinzo | |
---|---|
Orixe | Xinzo (Ponteareas), |
Na rede | |
http://xinzo.org/bandademusicaxuvenildexinzo/index.html |
A Banda de Música Xuvenil de Xinzo é unha banda de música popular de parroquia de Xinzo (Ponteareas).
Historia[editar | editar a fonte]
Naceu no ano 1979 da man do trompista José Guillén Loranzo, músico militar con destino na banda de música do rexemento Murcia 42 de Vigo no cuartel en Barreiro.[1] A presentación oficial foi o 28 de xuño de 1981.
Segundo conta Delio Represas[2] seu pai coñeceu a Guillén nun bar de Xinzo e aos poucos días comezou a impartir aulas aos nenos da parroquía nunha furgoneta. Da furgoneta pasaron ao salón parroquial cedido polo cura e iso foi o xerme da banda.
Entre 2006 e 2007 contituíuse oficialmente a Escola de Música, creándose a Banda da Escola de Música. Actualmente[cando?] conta con máis de 60 alumnos e alumnos das diferentes especialidades instrumentais.
Directores[editar | editar a fonte]
- José Guillén Lorenzo.
- Bolívar González Rodríguez.
- Sergio Hurtado Carrascosa.
- Antonio Budiño Durán.
- Miguel Anxo Castro Carrera (1996-2006)
- Álvaro Varela Ferradáns (2006-2007)
- Iñaki Lecumberri Camps (2008)
- César Núñez Pérez (2008-2011)
- Juan Carlos Díaz Álvarez (2011-2014)
- José Javier Bascoy Iglesias (2015-2015)
- Ángel Antonio Montes Abalde (2016-2016)
- Roberto Sánchez Barreiro (2016-2018)
- Javier Blanco González (2018-)
Músicos destacados[editar | editar a fonte]
- Fernando Abreu
- Feliciano Cebreiro
- Andrés Covelo
- José Ángel Presa Carrera
- Benito Porto
- Delio Represas Carrera
- José Luís Represas Carrera
- Marcos Represas Carrera
- Yolanda Represas Carrera
Discografía[editar | editar a fonte]
- Banda de música xuvenil de Xinzo (1992), casete. El Correo Gallego – CG-A66-L. Director: Bolivar González.[3]
- Ponteareas (2016). Con música de Reveriano Soutullo. Dos acordes. Director: Juan Carlos Díaz.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Historia". BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE XINZO. Consultado o 18 de marzo de 2023.
- ↑ "Cuando la música es vida". La Voz de Galicia. Consultado o 23 de marzo de 2023.
- ↑ "Banda música Xuvenil de Xinzo". Discogs. Consultado o 18 de marzo de 2023.
- ↑ "Ponteareas". Dos acordes. Consultado o 18 de marzo de 2023.