Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela
A Banda Municipal de Santiago de Compostela durante un concerto na Praza das Pratarías.
Orixe Santiago de Compostela, España
Período1848 - Actualidade
Na rede
https://www.compostelacultura.gal/bandamunicipaldemusica
Facebook: BandaMunicipalSantiagoCompostela Twitter: bmscompostela Editar o valor em Wikidata

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela (BMSC) é unha banda de música do Concello de Santiago de Compostela. Fundada en 1848, trátase dunha das bandas de música máis antigas de Galiza. O seu director é David Fiuza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela naceu como unha agrupación de músicos afeccionados en 1848 como Banda del Hospicio, xa que estaba integrada principalmente por instrumentistas que pertencían á Casa Hospicio. Esta banda herdou instrumentos e uniformes da desaparecida Banda de la Milicia Nacional.[1][2]

En 1876 a agrupación comeza a profesionalizarse da man do Concello,[3] que regulou as condicións de acceso dos músicos que a integraban.[2]

Entre 1959 e 1964 a banda tivo que disolverse a causa da mala situación económica que vivía daquela o Concello de Santiago.[2]

En 2018 a banda celebrou o seu 170 aniversario con diversos actos na Cidade da Cultura de Galicia nos que, amais da presenza da música, falouse da situación da institución no momento, as mudanzas que precisa, entre outros temas.[4]

En 2021, logo de cinco anos sen renovar o director da agrupación, iniciouse a convocatoria pública para cubrir o posto que estaba a exercer Casiano Mouriño. O concurso non estivo exento de polémica, ao denunciar a oposición no concello compostelán que os aspirantes alleos á banda realizaran o segundo exercicio días antes dos que si tiñan vínculo coa institución. Ademais sinalouse que un dos aspirantes, músico da agrupación, encontrábase entre os instrumentistas que acompañaban aos aspirantes, unha irregularidade que foi corrixida polo Concello.[5] Finalmente, o director carbiao David Fiuza acadou a maior puntuación e foi nomeado director da agrupación.[6]

En xaneiro de 2022 presentou o I Concurso de Dirección da BMSC, destinado a profesionais da dirección orquestral, que se celebrou entre os días 15 e 18 de marzo dese mesmo ano no Auditorio de Galicia. Amais dun premio en metálico, a persoa gañadora tería a posibilidade de participar como director convidado da banda.[7]

Directores[editar | editar a fonte]

David Fiuza, director da agrupación dende 2021.

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela tivo numerosos directores ao longo dos seus máis de 170 anos de historia. As últimas persoas que ocuparon o posto foron:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cancela Montes, Beatriz (2015). "La Banda Municipal de Músicade Santiago de Compostela (1848-2015)" (en castelán). Universidade de Oviedo. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "A historia da Banda Municipal de Santiago dende 1848 ata a actualidade". Concello de Santiago de Compostela. 23 de febreiro de 2017. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  3. "Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela". Concello de Santiago de Compostela. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  4. "A Banda Municipal de Música de Santiago celebra 170 anos de historia". Televisión de Galicia. 12 de maio de 2018. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  5. "Polémica en la elección del nuevo director de la Banda Municipal de Música". El Correo Gallego (en castelán). 27 de maio de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "David Fiuza será el nuevo director de la Banda Municipal de Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de outubro de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  7. "A Banda Municipal de Música de Santiago lanza o I Concurso de Dirección da BMSC". Concello de Santiago de Compostela. 15 de xaneiro de 2022. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  8. "O director da Banda municipal de Santiago dirixirá un concerto en Albacete". Concello de Santiago de Compostela. 4 de novembro de 2011. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  9. "Juan Miguel Romero Llopis es el nuevo director de la Banda Municipal de Santiago de Compostela". nuestrasbandasdemusica.com (en castelán). 29 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2022. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  10. "El alicantino Juan Miguel Romero Llopis nuevo director de la Banda Municipal de Palma". nuestrasbandasdemusica.com (en castelán). 8 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2022. Consultado o 10 de outubro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]