Baltazar Castro
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castro.
Baltazar Castro | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 29 de xullo de 1919 |
Rancagua | |
Falecemento | 10 de xaneiro de 1989 |
Rancagua | |
Nacionalidade | Chile |
Alma máter | Instituto O'Higgins de Rancagua e Liceo Bicentenario Óscar Castro Zúñiga |
Ocupación | escritor e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Baltazar Castro, nado en Rancagua o 29 de xullo de 1919 e finado nesta mesma cidade o 10 de xaneiro de 1989, foi un político e escritor chileno.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Traballou dende moi novo nas minas de cobre de El Teniente, preto de Rancagua, onde chegou a ser xefe da sección de estatística do camiño de ferro da mina. Deputado socialista por Rancagua durante dúas lexislaturas, entre 1949 e 1957, foi escollido coma o mellor parlamentario polos xornalistas políticos. En 1953, foi elixido presidente da Cámara de Deputados. En 1957 foi escollido senador pola súa circunscrición.
Como escritor, traballou sobre personaxes mineiros nos seus contos e novelas. Foi activo membro do grupo literario Los Inútiles, de Rancagua.
Obras[editar | editar a fonte]
- Piedra y nieve (cuentos, 1956)
- Sewell (novela, 1946)
- Un hombre en el camino (novela, 1950, Premio Municipal de Literatura de Santiago)
- Mi camarada padre (novela, 1958)
- Légamo (novela, 1965).
- Me permite una interrupción (crónicas, 1963)
- Doña Revolución (ensaio, 1969).