Baldaquino de Santa María de Curro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°30′34″N 8°40′30″O / 42.509579497602, -8.6748932924538

Baldaquino de Santa María de Curro
Pedro e Santiago
Presentación
LocalizaciónBarro
DirecciónIgrexa de Santa María de Curro
TipoBaldaquino

Na igrexa de Santa María de Curro (Barro) consérvanse tres pezas dun baldaquino incrustadas nas paredes das escaleiras de subida ó adro da igrexa. Esta é de comezos do século XVI e os tres linteis semellan proceder dun antigo baldaquino sobre o altar maior, acaroado ó muro da igrexa.

Escenas[editar | editar a fonte]

As escenas representadas son as seguintes:

  • A anunciación da Virxe, representada á esquerda, lendo un libro colocado sobre un atril. Fronte a ela, un vaso con azucenas ou lirios. Á dereita, un anxo sostén unha cinta ou pergamiño escrito. Era a peza da esquerda no baldaquino orixinal e atópase no muro dereito das escaleiras.
  • A Virxe das Angustias co Cristo morto no colo. A ámbolos lados, dúas figuras que poden corresponder a Xosé de Arimatea, a Nicodemo ou a san Xoán, suxeitando o sudario. Nesta peza falta totalmente o arco inferior. Era a peza dereita e tamén está no muro da dereita.
  • San Pedro, sostendo as chaves do ceo, á dereita; e Santiago, cunha cartela nas mans, á esquerda. Esta sería a peza frontal e atópase no muro esquerdo das escaleiras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]