Bajram Begaj
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de marzo de 1967 Rrogozhinë (República Popular de Albania) |
| 24 de xullo de 2022 – ← Ilir Meta | |
| Chief of the General Staff of the Albanian Armed Forces (en) | |
| 29 de xullo de 2020 – 4 de xuño de 2022 ← Bardhyl Kollçaku (pt) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Islam |
| Educación | University of Medicine, Tirana (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | político, militar |
| Partido político | político independente |
| Carreira militar | |
| Rango militar | maior xeneral (2020–) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Armanda Begaj (1992–) |
| Sitio web | president.al |
Bajram Begaj, nado en Rrogozhinë (República Popular de Albania, hoxe Albania) o 20 de marzo de 1967, é un político e militar albanés que exerce como presidente de Albania dende 2022. Antes da súa elección como presidente, exerceu como 26º Xefe do Estado Maior das Forzas Armadas Albanesas, dende xullo de 2020 ata xuño de 2022. O 3 de xuño de 2022 foi nomeado oficialmente polo Partido Socialista gobernante como candidato á cuarta rolda das eleccións presidenciais de 2022. É o segundo presidente da Albania pos-comunista que conta con formación militar.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido o 20 de marzo de 1967 en Rrogozhinë, graduouse na Facultade de Medicina de Tirana en 1989 e converteuse en médico activo en 1998. Tras completar o seu doutoramento profesional, pasou a ostentar o título de "Profesor Asociado" en Medicina.
Durante os seus 31 anos de carreira militar, participou en numerosos seminarios de formación e completou cursos de Seguridade e Defensa, asistiu á Escola Avanzada de Posgrao de Medicina, obtivo un posgrao en gastrohepatoloxía, e realizou cursos de Xestión Hospitalaria e de Liderado Médico Estratéxico nos Estados Unidos e de Especialización en Medicina e de Saúde en Grecia.[1][2]
No eido militar, estivo á fronte do Comando de Doutrina e Adestramento das Forzas Armadas Albanesas e ocupou varios cargos máis, incluíndo os de Xefe da Unidade Médica Militar e Subdirector Militar do SUT, Director do Hospital Militar e Director da Inspección de Sanidade. Foi nomeado Xefe do Estado Maior das Forzas Armadas Albanesas en xullo de 2020 e asumiu o cargo ese mesmo mes.[3]
O 24 de xullo de 2022 foi investido como presidente de Albania por un mandato de cinco anos.[4][1][2] A súa elección seguiu unha serie de procedementos parlamentarios que comezaron o 10 de maio, cando o parlamento de Albania iniciou o proceso de selección presidencial.[5][6] A pesar dos desafíos para lograr un consenso sobre un candidato axeitado, o Partido Socialista (PS) gobernante nomeou a Begaj o 3 de xuño para a cuarta rolda de votacións, despois de que renunciase ao seu cargo como Xefe do Estado Maior das Forzas Armadas Albanesas.[7][8] Posteriormente foi elixido con 78 votos a favor, superando a maioría requirida, mentres que a oposición liderada polo Partido Democrático (PD) abstívose de participar no proceso de votación.[9] O mandato de Begaj estivo marcado polo seu compromiso de mellorar as relacións internacionais de Albania e avanzar na integración euroatlántica.[10] Desde que asumiu o cargo, participou activamente en esforzos diplomáticos, realizando numerosas visitas diplomáticas internacionais para fomentar asociacións e elevar a posición de Albania a nivel mundial.[11]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Armanda Begaj, coa que ten dous fillos: Dorian e Klajdi.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Biografía no witio web da OTAN". OTAN (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2025.
- ↑ 2,0 2,1 "Biografía no witio web do goberno de Albania". gov.al (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2025.
- ↑ "balkanweb.com" (en albanés). 3 de xullo de 2020. Consultado o 24 de outubro de 2025.
- ↑ "Fjala e Presidentit të Republikës, Sh. T. Z. Bajram Begaj gjatë ceremonisë së betimit në Kuvendin e Shqipërisë" (en albanés). 24 de outubro de 2025. Consultado o 24 de outubro de 2025.
- ↑ "Presidenti/ Më 16 maj raundi i parë, 5 ditë për kandidaturat. PD: E keni zgjedhur emrin" (en albanés). 10 de maio de 2022. Consultado o 24 de outubro de 2025.
- ↑ "Lack of Candidates Thwarts Vote on President in Albanian Parliament" (en inglés). 16 de maio de 2022. Consultado o 24 de outubro de 2025.
- ↑ "Presidenti/ Më 16 maj raundi i parë, 5 ditë për kandidaturat. PD: E keni zgjedhur emrin" (en albanés). 10 de maio de 2022. Consultado o 24 de outubro de 2025.
- ↑ "Shqipëri: PS propozon një gjeneral për President" (en albanés). 3 de xuño de 2022. Consultado o 24 de outubro de 2025.
- ↑ "Albanian parliament elects Bajram Begaj new president" (en inglés). 5 de xuño de 2022. Consultado o 24 de outubro de 2025.
- ↑ "President Bajram Begaj takes office". aiis-albania.org (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2025.
- ↑ "Albania’s newly sworn-in president urges political unity" (en inglés). 24 de xullo de 2022. Consultado o 24 de outubro de 2025.
- ↑ "Nga zyrat e KLSH-së drejt titullit Zonjë e Parë, njihuni me Armanda Begajn, gruan e presidentit" (en albanés). Consultado o 24 de outubro de 2025.