Saltar ao contido

Baian I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBaian I
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor en Wikidata
Morte602 Editar o valor en Wikidata
Khagan of Avars (en) Traducir Caganato Ávaro (pt) Traducir
558 – 602
← Kandik (en) TraducirBayan II (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Baian foi un Khagan ávaro, o «Khan dos Khans» (rei dos reis) do seu pobo, que reinou entre os anos 562 e 602, ano do seu pasamento.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi perseguido polos prototurcos, decide emigrar cara aos Cárpatos antes de solicitar, ao principio pacificamente, un territorio ao Imperio Bizantino, cousa que o emperador Xustiniano rexeita (circa 558). Continuando a súa ruta cara ao oeste, chega a Xermania, a Turinxia, onde se enfrontou ao rei franco merovinxio Sixeberto I. En 566, este último é derrotado nas ribeiras do Elba. Baian pídelle daquela axudas varias: fariña, legumes e rabaños de ovellas e de bois antes de asinar un tratado de paz cos francos.

Instalado en Pannonia onda os longobardos, destrúe con estes últimos o reino dos xépidos dirixidos polo rei Cunimundo (circa 566/67), a petición dos bizantinos. En 568, asina un tratado co rei longobardo Alboíno, que decide invadir Italia, tras autorizar ao pobo longobardo un dereito de retorno a Pannonia e Nórica válido durante dous séculos.

Dono das rexións abandonadas polos longobardos e xunto cos xépidos vencidos, ameaza a Bizancio e vence ao emperador Tiberio II en 574, antes de se apoderar de Sirmium e da súa rexión, sometendo a tribo dos esclavóns.

Morre en 602.