Baghdad Messi
Aparencia
| Baghdad Messi | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata |
Baghdad Messi (en árabe: ميسي بغداد) é un filme iraquí de 2023 dirixido por Sahim Omar Kalifa, cun guión de Kobe Van Steenberghe a partir dunha historia por Kobe Van Steenberghe e Ruth Mallaerts. Conta a historia dun rapaz iraquí que, despois de perder unha perna nun ataque terrorista, loita pola súa gran paixón, o fútbol.[1] Baséase na curtametraxe homónima de 2012 do mesmo director. É unha coprodución entre Bélxica, os Países Baixos, Alemaña e Iraq.[2]
Foi escollido como candidato de Iraq para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ahmed Mohammed Abdullah como Hamoudi
- Christian Renson como John
- Zahraa Ghandour como Salwa
- Atheer Adel
- Errol Trotman-Harewood as Duncan
- Atheer Adel
- Safa Najem
- Adil Abdulrahman
- Hussein Hassan como Bahoz
- Ravand Zaid como soldado 1
- Saman Mustefa como soldado 2
- Bangen Ali como soldado do Check Point
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Baghdad Messi". Nederlands Film Festival. 2024-02-24. Arquivado dende o orixinal o 2024-02-24. Consultado o 2024-08-28.
- ↑ "La coproduction belge 'Baghdad Messi' représentera l'Irak aux Oscars". RTBF (en francés). Arquivado dende o orixinal o 2024-09-05. Consultado o 2024-08-28.
- ↑ "Baghdad Messi to be Iraq's entry for 2025 Oscars". Rudaw Media Network. 27 de agosto de 2024. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2024. Consultado o 27 de agosto de 2024.