Baeduos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Baedui»)
Situación aproximada do pobo dos baeduos na provincia romana da Gallaecia.

Os baeduos[1] (en latín: Baedui) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico que viviu no norte da actual Galicia. Só é mencionado por Tolomeo (II, 6, 26).[2] A localización deste pobo é moi dubidosa, mais crese que eran veciños dos ártabros cara ó interior,[3] probablemente en Betanzos[2] e seguindo o río Lambre.[1] Tiñan unha cidade coñecida como Flavia Lambris identificada co actual topónimo de Lambre (Ambroa), cinco quilómetros ó noroeste de Irixoa.[3][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Museo do Pobo Galego, ed. (1997). Galicia fai dous mil anos: Historia (2 v.). 66 e 461. Consultado o 9 de xuño de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 González García, Francisco Javier. Los pueblos de la Galicia céltica. p. 535. Consultado o 9 de xuño de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Alberro, Manuel (1999). "Los pueblos celtas del Noroeste de la Península Ibérica" (PDF). Anuario Britantino 22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]