Saltar ao contido

Bacteroidáceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bacteroidáceas
 Nome taxon
    Bacteroidaceae Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
Clasificación taxonómica
 ReinoPseudomonadati
 FiloBacteroidota
 ClaseBacteroidia
 OrdeBacteroidales
 FamiliaBacteroidaceae Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02qn2jl Editar o valor en Wikidata
MeSHD001438 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776357993 Editar o valor en Wikidata
ITIS461 Editar o valor en Wikidata
OTT41369 Editar o valor en Wikidata
CoL6Z7 Editar o valor en Wikidata
EOL0987654321` Editar o valor en Wikidata
Wikidata

As Bacteroidáceas (Bacteroidaceae) son unha familia de bacterias do filo Bacteroidetes[1]. Unha característica especial é a produción de esfingolípidos de membrana, algo pouco usual nas bacterias. O xénero tipo Bacteroides é o grupo de bacterias máis abondoso na flora do intestino humano.

Aparencia

[editar | editar a fonte]

Son bacilos gramnegativos non formadores de esporas anaerobios. A maioría das especies non son móbiles; son excepcións, por exemplo Bacteroides xylanolyticus e especies de Acetomicrobium. Unha característica especial destas bacterias é a produción de varios tipos de esfingolípidos específicos de membrana, que son típicos dos organismos pluricelulares, pero que só os producen unhas poucas bacterias, como algunhas Proteobacterias e Bacteroidetes.

Metabolismo

[editar | editar a fonte]

A vía metabólica que utilizan característicamente é a fermentación de varios azucres e proteínas. Os produtos finais son, entre outros, o acetato e o hidróxeno (H2). Á formación de acetatro débese o nome dalgúns xéneros. Produtos do xénero bacteroides son o ácido succínico e o acetato. O xénero Anaerorhabdus produce acetato e lactato.

Distribución

[editar | editar a fonte]

O xénero Bacteroides é o grupo de bacterias dominante no tracto dixestivo humano, con ata 1011 células por gramo de feces.[2] Tamén aparece no tracto xenital feminino. Outros representantes, como Acetomicrobium aparecen nos lodos de depuradoras.[3]

Sistemática

[editar | editar a fonte]

Os seguintes xéneros pertencen a esta familia:[4]

  • Acetofilamentum Dietrich et al. 1989
  • Acetomicrobium Soutschek et al. 1985
  • Acetothermus Dietrich et al. 1988
  • Anaerorhabdus Shah e Collins 1986
  • Bacteroides Castellani e Chalmers 1919
  1. ↑ Bergey's Manual of Systematic Bacteriology, 2nd ed., vol. 1 (The Archaea and the deeply branching and phototrophic Bacteria) (D.R. Boone and R.W. Castenholz, eds.), Springer-Verlag, New York (2001). pp. 465-466.
  2. ↑ Michael T. Madigan, John M. Martinko, Jack Parker. Brock - Biología de los Microorganismos. 10ª edición. Páxinas 427. ISBN 84-205-3679-2.
  3. ↑ Katharina Munk: Taschenlehrbuch Biologie: Mikrobiologie. Thieme Verlag, 2008, ISBN 978-3-13-144861-3. S. 75
  4. ↑ LPSN Bacteroidaceae Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine. Euzéby, Aidan C. Parte [http://www.bacterio.net/ List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. 2013-10-30

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]