Brucella abortus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bacillus abortus»)

Brucella abortus
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Alphaproteobacteria
Orde: Rhizobiales
Familia: Brucellaceae
Xénero: Brucella
Especie: B. abortus
Nome binomial
Brucella abortus
(Schmidt, 1901) Meyer e Shaw, 1920

Brucella abortus é unha especie de proteobacteria gramnegativa bacilar patóxena da familia Brucellaceae, que é un dos axentes causantes da brucelose, xunto con outras brucelas.[1] É unha bacteria formadora de esporas, non móbil e aerobia.[2]

Brucella abortus entra nos fagocitos e pode reproducirse dentro deles, polo que invade as defensas animais e humanas, o cal causa unha doenza crónica no hóspede.[3] O fígado e o bazo son as áreas afectadas do corpo.[4] Os granxeiros e veterinarios son as persoas que están en máis alto risco de contaxiarse da doenza. Os porcos, cabras, ovellas e gando vacún son algúns dos reservorios para esta doenza.[5] B. abortus causa o aborto e a infertilidade no gando adulto e é unha zoonose, que está presente en todo o mundo.[6] Tamén afecta os bisontes.[7] Os humanos infectanse xeralmente ao beber leite non pasteurizado procedente de animais infectados.[8]

O período de incubación da doenza pode ser de dúas semanas a un ano. Unha vez que se empezan a manifestar os síntomas, o hóspede estará enfermo durante de 5 días a 5 meses, dependendo da gravidade da doenza. Algúns dos síntomas da brucelose son: febre, calafríos, dor de cabeza, dor de costas e perda de peso. Como moitas outras doenzas, pode ter graves complicacións; a endocardite e os abscesos no fígado son un par de complicacións que se dan con certa frecuencia na brucelose.[9]

Historicamente a bacteria chamouse Bacillus abortus ou bacilo de Bang, pero en 1920 foi pasada ao xénero Brucella.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "National Institutes of Health (NIH)". National Institutes of Health (NIH) (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2019. Consultado o 2017-10-25. 
  2. "CDC Works 24/7" (en inglés). Centers for Disease Control and Prevention. 2017-10-24. Consultado o 2017-10-25. 
  3. Tracy H. Vemulapalli, Ramesh Vemulapalli, Gerhardt G. Schurig, Stephen M. Boyle, e Nammalwar Sriranganathan. Role in Virulence of a Brucella abortus Protein Exhibiting Lectin-Like Activity. Infect Immun. 2006 Jan; 74(1): 183–191. doi: [10.1128/IAI.74.1.183-191.2006]. PMCID: PMC1346633. PMID 16368972 [1]
  4. "CDC Works 24/7". Centers for Disease Control and Prevention (en inglés). 2017-10-24. Consultado o 2017-10-25. 
  5. "CDC Works 24/7". Centers for Disease Control and Prevention (en inglés). 2017-10-24. Consultado o 2017-10-25. 
  6. Dorneles, EM; Sriranganathan, N; Lage, AP (8 July 2015). "Recent advances in Brucella abortus vaccines.". Veterinary Research 46: 76. PMC 4495609. PMID 26155935. doi:10.1186/s13567-015-0199-7. 
  7. Lott, Dale F. (2002). American bison: a natural history. Berkeley: University of California Press. p. 109. ISBN 978-0520233386. 
  8. Scott, PR; Penny, CD; Macrae, A, eds. (2011). "Brucellosis". Cattle Medicine. London: Manson Pub. p. 34. ISBN 978-1840766110. 
  9. "microbewiki". microbewiki.kenyon.edu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2022. Consultado o 2017-10-25. 
  10. LPSN. bacterio.net. Brucella

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]