Baía de Jackson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Baía de Sidney»)

Coordenadas: 33°51′30″S 151°14′00″L / -33.85833, -151.23333 A Baía de Jackson (en inglés: Port Jackson) é o porto natural en volta do cal sitúase a cidade de Sydney en Australia. A baía é ben coñecida pola súa beleza e porque nela localízanse dous dos máis famosos símbolos da cidade, a Casa da Ópera e a Ponte do Porto, que xuntas forman unha das vistas máis bonitas e fotografadas do mundo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada no sueste de Australia. Trátase dunha ría ou val costeiro somerxido, xa fose isto por un acrecentamento do nivel do mar ou por un descenso da liña de costa, que coincide coa desembocadura dun ou máis ríos.

Oficialmente, cobre unha área de 55 km². O estuario en preamar ten un volume de 562.000 megalitros e un perímetro de 317 quilómetros. Estas medidas abranguen a auga dentro da liña imaxinaria que une o Cabo Norte e o Cabo Sur, repartida en tres grandes baías:

  • A Baía do Norte (North Harbour): É a máis pequena das tres, realmente é soamente unha grande baía en torno da cal se estende o concello de Manly.
  • A Baía Central (Middle Harbour): Situada entre a Baía do Norte e a Baía de Sydney, esténdese cara ao noroeste ao longo de 10 km até a desembocadura do Río Middle Harbour.
  • A Baía de Sydney (Sydney Harbour): É a máis grande das tres e nela sitúanse os suburbios e barrios máis importantes da cidade de Sydney, razón pola que moitas veces se lle adoita dar este nome a toda a baía de Jackson. Este estuario esténdese cara ao oeste ao longo de 21 km até a confluencia das desembocaduras dos ríos Parramatta e Lane Cove, feito que ten lugar de maneira oficial a altura da liña imaxinaria que une Yurulbin Point e Manns Point aínda que na realidade o mar adéntrase no río Parramatta até os límites do Concello de Parramatta e no río Lane Cove até os límites do Concello de Ryde.

Illas[editar | editar a fonte]

Dentro do estuario áchanse tamén as seguintes illas e illotes:

Antigamente podíanse ver estas outras illas e illotes na baía mais foron unidas á terra firme tras lle gañar terreo ao mar:

Ríos[editar | editar a fonte]

Múltiples son tamén as correntes de auga que alimentan á baía deitando as súas augas nela. As principais son:

A nivel histórico unha importante corrente de auga tributaria deste porto natural foi o regato de auga fresca coñecido como Tank Stream, hoxe xa desaparecido.

Baías[editar | editar a fonte]

As baías principais nas que se reparte a Baía de Jackson incorporan á súa vez un gran número de pequenas baías e enseadas.