Saltar ao contido

Baía de Dungonab

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaBaía de Dungonab
Tipoárea mariña protexida Editar o valor en Wikidata
Parte deSanganeb Marine National Park and Dungonab Bay – Mukkawar Island Marine National Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSudán Editar o valor en Wikidata
Mapa
 20°56′14″N 37°15′19″L / 20.937222, 37.255278
Características
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
TipoPatrimonio natural
Data2016 (40ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii), (ix) e (x) Editar o valor en Wikidata
Identificador262rev

A Baía de Dungonab[1] ou Baía de Dongonab[2] (árabe خليج دونجوناج دونجوناب, Ḫalīj Dūnjūnāb) é unha masa de auga na costa de Sudán no Mar Vermello.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A baía de Dungonab está orientada ao sur e está situada a 130 km ao norte de Port Sudan. A súa parte media, a lagoa de Rawayah, está rodeada de arrecifes de coral. Xunto coa Illa de Mukkawar e Sanganeb (un arrecife de coral illado), a área declarouse Parque Nacional Mariño da Baía de Dungonab - Illa de Mukkawar e converteuse en Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 2016.[3] Designouse como sitio Ramsar protexido en 2009.[4]

Zona Importante para as Aves

[editar | editar a fonte]

Unha franxa costeira da baía, incluíndo os mangleiros da costa da baía, xunto cos illotes Mukkawar, Mayetib e Taila e as augas adxacentes, designáronse Área importante para a conservación das aves (IBA) por BirdLife International porque albergan poboacións residentes ou reprodutoras significativas de Pterocles senegallus, Ichthyaetus leucophthalmus, Carrán bengalés, Falco concolor, Calandra de bico curvo e Calandra das dunas, Turdoides fulva e Pedreiro de barrete branco.[5]

    1. "Dungunāb". Mapcarta. Consultado o 14 de outubro de 2016.
    2. Dongonab Bay, Sudan - Geographical Names
    3. UNESCO - Sanganeb Marine National Park and Dungonab Bay – Mukkawar Island Marine National Park
    4. "Dongonab Bay-Marsa Waiai". Ramsar Sites Information Service. Consultado o 25 de abril de 2018.
    5. "Mukawwar island and Dunganab bay". BirdLife Data Zone. BirdLife International. 2024. Consultado o 2024-09-08.

    Véxase tamén

    [editar | editar a fonte]

    Outros artigos

    [editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas

    [editar | editar a fonte]