Saltar ao contido

Baía Xeorxiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaBaía Xeorxiana
Imaxe
Tipobaía Editar o valor en Wikidata
EpónimoXurxo IV do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaLago Huron Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaCanadá Editar o valor en Wikidata
División administrativaOntario, Canadá Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°16′12″N 80°50′06″O / 45.27, -80.835
Bañado porCanal Norte Editar o valor en Wikidata
Composto por
Afluentes
Conca hidrográficaconca hidrográfica do lago Hurón Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude176 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade92 m Editar o valor en Wikidata

A baía Xeorxiana (en inglés: Georgian Bay, en francés: baie Georgienne, en ojibwa: Manidoowi-zaaga'igan ou Waasaagamaa) é unha gran baía do lago Huron, enteiramente dentro do estado canadense de Ontario.

A costa e as vías fluviais da baía Xeorxiana son dominio tradicional das Primeiras Nacións ojibwa ao norte e dos hurón-petun ao sur. Samuel de Champlain foi o primeiro europeo en explorar e cartografar a zona entre 1615 e 1616, e chamouna "La Mer douce" (o mar en calma).[1] Foi chamada "Georgian Bay" (en honor ao rei Xurxo IV do Reino Unido) polo tenente Henry Wolsey Bayfield, da Royal Navy, en 1822.[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A baía Xeorxiana ten uns 220 km de longo e 100 km de ancho. Abarca uns 15.000 km². A parte oriental desta baía forma parte do Escudo Canadense, a parte occidental da baía desde Collingwood cara ao norte, e incluíndo a illa Manitoulin, Drummond, Cockburn e a illa de St. Joseph, limita coa escarpa do Niágara.

Hai ducias de illas na baía Xeorxiana. A maioría están na parte oriental e coñécense colectivamente como as "Trinta Mil Illas", incluíndo a máis grande, a illa Parry. En 2004, a súa costa foi declarada Reserva da biosfera pola UNESCO.

  1. Matthews, Geoffrey J.; Harris, Cole R. (ed,) (1987). Historical Atlas of Canada. Toronto: University of Toronto Press. ISBN 0-8020-2495-5.
  2. Ketcheson, Graham. A Brief History of Georgian Bay Arquivado 2004-07-08 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]