BQ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
BQ
Logo-BQ-CasoDeExito.png
TipoSociedade Limitada
Fundación2010
MatrizMundo Reader S.L.
LocalizaciónLas Rozas, Madrid España
FundadorAlberto Méndez, Rodrigo del Prado, David Béjar, Ravín Dhalani, Adán Muñoz, Iván Sánchez, Antonio Quirós
Persoas claveAlberto Méndez
IndustriaElectrónica
ProdutosTablets, teléfonos intelixentes, impresoras 3D, robótica
Beneficio202,5 millóns de € (2014)
Número de empregados1078 (2014)
Páxina webbq.com

BQ (ás veces escrito como bq) é unha empresa española con sede en Las Rozas adicada ao deseño e venda de dispositivos electrónicos. O nome da empresa ven do seu primeiro produto, un lector electrónico chamado booq. En 2005 un grupo de estudantes de telecomunicacións crearon unha empresa adicada á importación e venda de memorias USB. Posteriormente a empresa entraría no negocio dos lectores electrónicos, primeiro como deseñador para outras marcas e posteriormente xa ca súa marca. A empresa comercializa e deseña teléfonos intelixentes fabricados en China.

Historia[editar | editar a fonte]

En 2003, seis estudantes de enxeñaría da E.T.S. de Enxeñeiros de Telecomunicación de Madrid da Universidade Politécnica de Madrid —Alberto Méndez, Rodrigo del Prado, David Béjar, Ravín Dhalani, Adán Muñoz e Iván Sánchez— coincidiron na asociación de alumnos ITEM Consulting. En 2005, estes estudantes, fundaron MemoriasUSB, unha empresa adicada á fabricación de chaves USB.[1] Máis tarde pertencería ao holding empresarial StarTic Innovación.

Libros electrónicos[editar | editar a fonte]

En 2009, baixo a marca booq, lanzan o seu primeiro lector electrónico, o booq Classic. En 2010 a empresa materializouse como Mundo Reader S.L., froito da unión dos socios de Luarna e StarTic Innovación, adicada ao mundo dos lectores de libros dixitais.[2] Luarna, dirixida por Antonio Quirós, foi a primeira editorial española 100% dixital.

En 2011, BQ comenzou a deseñar e fabricar os primeiros lectores electrónicos das empresas Telefónica (Movistar ebook bq), Fnac (Fnacbook), e Casa del Libro (bq Tagus|Tagus). No segundo trimestre de 2011, BQ expandiu o seu negocio cara Sudamérica, abrindo sedes oficiais en Montevideo (Uruguai), e aínda que xa estaba no mercado portugués a través de socios, durante 2011 BQ comezou a estar presente en Portugal. Neste mesmo ano, o bq Cervantes foi e-reader máis vendido en España.

En 2012, BQ converteuse no deseñador e fabricante oficial das tabletas e lectores-e da empresa Fnac. Ademais, a empresa comezou a comercializar os lectores Cervantes Touch e Cervantes Touch light.

Gama Aquaris 2013[editar | editar a fonte]

En 2013 BQ comercializa o seu primeiro teléfono intelixente, chamado Aquaris 4.5, un terminal de gama media con 4,5 polgadas de pantalla, Dual SIM, cámara traseira de 8 megapíxeles e outra dianteira VGA, 4 GB de memoria interna, memoria RAM de 1 GB, un procesador ARM Dual Core Cortex A9 ata 1 GHz.[3]

Tamén en 2013 BQ empeza a comercialización do Aquaris 5.0, un terminal cunha pantalla de 5 polgadas, Dual SIM, cámara traseira de 8 megapíxeles e outra dianteira VGA, e unha memoria RAM de 1 GB. Este inclúe ademais 16 GB de memoria interna, un procesador Quad Core Cortex A7 ata 1,2 GHz e con versión de Android 4.2 ''Jelly bean''.

Este mesmo ano lanzaron o Aquaris 5 HD con pantalla de 5 polgadas e resolución HD 720x1280, Dual SIM, cámara traseira de 8 megapíxeles e outra dianteira de 1,2 megapíxeles, 16 GB de memoria interna e 1 GB de memoria RAM, procesador Quad Core Cortex A7 hasta 1,2 GHz; e o Aquaris 5.7, con pantalla de 5.7 e resolución 1929x1080,[4] Dual SIM, cámara traseira de 13 megapíxeles e outra dianteira de 5 megapíxeles, unha memoria RAM de 2GB e 16 GB de memoria interna, cun procesador Quad Core Cortex A7 ata 1,5 GHz, 2 GB de RAM. Este dispositivo incluía unha batería Li-ion de 4000 mAh.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pascual, Alfredo (12 de decembro de 2012). "Bq, o cómo montar una tecnológica de éxito en España a base de vender llaves USB". El Confidencial. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. Consultado o 7 de xaneiro de 2014. 
  2. Jaime Novoa (6 de maio de 2013). "Diseñado en Las Rozas, fabricado en China. La historia de Bq". Xataka (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2014. 
  3. Henriquez, Elena (12 de febreiro de 2013). "bq Aquaris, un androide de 4,5 pulgadas con doble SIM para el mercado español". Engadget. Consultado o 29 de maio de 2014. 
  4. Jiménez, Marimar (12 de novembro de 2013). "Bq planta cara a Apple y Samsung con sus tabletas y 'smartphones' con sello español". Cinco Días. Consultado o 7 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]