Búsola (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Búsola
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

A revista Búsola é unha publicación dixital que apareceu no ano 2004. É froito da Casa da Cultura do Concello do Valadouro e xurdiu como unha aposta pola cultura galega e polos novos autores que non tiñan un oco para a publicación dos seus traballos. A liña editorial, que dirixe Suso Rubio, é fomentar e divulgar as obras deses novos autores de Galicia nos eidos da creación máis variados: poesía, narrativa, fotografía, banda deseñada, teatro, música, movementos sociais, ciencia etc.

Practicamente todo ten cabida nesta revista que se pode descargar nunha versión en formato pdf, así como ós números anteriores na hemeroteca. Tamén se imprime cada ano unha versión para distribuír nas Casas da Cultura, bibliotecas, fundacións, concellos e determinadas librarías.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]