Saltar ao contido

Búfalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Búfalo da India»)
Búfalo
Bubalus bubalis
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Nome curto
B. bubalis Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
Características
Localización
 Invasora en
Distribución
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Combinación orixinal
ReinoAnimalia
FiloChordata
SubfiloVertebrata
ClaseMammalia
OrdeArtiodactyla
SubordeRuminantia
FamiliaBovidae
SubfamiliaBovinae
TriboBovini
XéneroBubalus
EspecieB. bubalis
 Subdivisións
Referencia:[1]
  • Búfalo de río (Bubalus bubalis)
  • Búfalo de pantano (Bubalus arnee)
Datas
 Duración máxima de vida
34.9 a Editar o valor en Wikidata
 Período de xestación
320 d Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0g0zc Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2993139054 Editar o valor en Wikidata
UNIIASI61MC64Z Editar o valor en Wikidata
ITIS552476 Editar o valor en Wikidata
OTT641187 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O búfalo, búfalo acuático ou búfalo da India (Bubalus bubalis) é un gran bóvido orixinario do sueste asiático, que na actualidade se encontra tanto en estado salvaxe como doméstico, e que foi introducido en moitos lugares.

Características

[editar | editar a fonte]

Trátase dun bóvido bastante grande, de 1,8 m de altura na cruz e que acada excepcionalmente os 1 200 kg de peso no caso dos machos. As femias son máis pequenas e nunca superan os 1 000 kg. O tronco é robusto e alongado, co pescozo curto, e sen papada. Gran parte do corpo está desprovisto de pelo, ou o presenta ríxido e de moi curta lonxitude. A coloración é en xeral agrisada, pero pode variar desde a branca até a negra. Os cornos están aplanados e curvados cara a atrás, coas puntas moi separadas, chegando a alcanzar 1,2 m de envergadura máxima entre punta e punta.

O apelativo de "búfalo acuático" (o "búfalo de agua", que din algúns[quen?]) provén da preferencia que ten o animal polas zonas encharcadas ou pantanosas, onde se somerxe parcialmente e camiña sobre a lama do fondo sen dificultade grazas aos seus largos pezuños que impiden que afunda en exceso.

Os búfalos poden ser perigosos en estado salvaxe, pero os domésticos son animais moi dóciles.

Expansión do búfalo

[editar | editar a fonte]

En estado salvaxe distribúese pola India, Ceilán e Indonesia, sendo na actualidade moi escaso.

Domesticado ao redor de 4.500 anos a.C., contra o ano 600 foi introducido no Oriente medio e no norte de África.

Durante as Cruzadas ou, máis probabelmente, na época do Imperio Otomán, en Bulgaria e en Italia.

Búfalos arando en Camboxa.

No século XIX, no norte de Australia, onde algúns individuos asilvestráronse desenvolvendo algunhas diferenzas no seu aspecto respecto aos seus antepasados de Indonesia.[2]

En Suramérica introducíronse os búfalos acuáticos na conca do Amazonas en 1895, e en 2005 na Amazonia brasileira criábanse aproximadamente 1,6 millóns de cabezas, destinadas á produción de leite e carne.[3]

En Venezuela o búfalo introduciuse en 1940, desaparecendo nos anos 1940; pero volveu introducirse en 1962, comenzado a súa explotación a grande escala nos anos 1990.[4]

En Norteamérica hai pequenos rabaños comerciais de búfalos para a produción de iogur e queixo. Un profesor da Universidade de Florida criou búfalos aproveitando os excedentes de efectivos do zoolóxico, que utilizou principalmente para a produción de carne para hamburguesas, e outros rancheiros do país utilízanos para a produción de mozzarella.[5]

Porén, Asia segue acollendo ao 95 % da poboación mundial deste animal na actualidade.

O búfalo doméstico

[editar | editar a fonte]
Búfalo nunha granxa brasileira.

O búfalo usouse, no sueste asiático, desde a máis remota Antigüidade preferentemente para tirar do arado, sobre todo nos arrozais, onde a súa capacidade para moverse en zonas encharcadas resulta moi útil e por iso preferiuse a outros bovinos domésticos, como o cebú, o gaur ou o banteng.

No sur de Europa (e especialmente en Italia) tamén cumpre esta función, ademais de utilizarse o leite para a fabricación do queixo mozzarella usado nas pizzas e outros pratos da cociña italiana.

Tamén se aproveitan a súa carne e a súa pel (ultimamente, usada con bastante frecuencia para forrar os cascos de motociclista).

Status de conservación

[editar | editar a fonte]
Distribución do búfalo salvaxe (2015).

A especie doméstica non se considera en perigo (estímase que debe haber uns 141 millóns de búfalos domésticos só no continente asiático, o animal doméstico do que máis persoas dependen), pero a súa existencia como animal salvaxe periga cada día máis debido á desaparición do bosque tropical. Só quedan uns 3500 exemplares no sueste asiático, probablemente extinto en Vietnam. No subcontinente indio a especie están practicamente extinta. Hai mandas de exemplares salvaxes naturalizadas no norte de Australia.

En liberdade, os búfalos móvense en mandas de escaso poucos individuos e só contan co tigre como depredador frecuente. Máis raramente, os búfalos caen vítimas do crocodilo mariño e as mandas de cuóns, que sempre andan molestando ás crías.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]
Búfalo salvaxe no Parque Nacional Udawalawe, Sri Lanka.

A clasificación dos búfalos acuáticos é incerta. Algunhas autoridades mencionan unha soa especie, Bubalus bubalis, con tres subespecies:[6]

Outros consideran que son especies estreitamente relacionadas, pero independentes, Bubalus bubalis, Bubalus carabanensis e Bubalus arnee, respectivamente.[7]

En 2003, a Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica (ICZN) ditaminou a favor de manter reunidos os búfalos acuáticos de pantano, e considerar un taxon separado para os búfalos de río, denominado Bubalus arnee, aínda que o uso antigo é aínda aceptábel para autores que o consideran conespecífico.

O búfalo acuático de pantano ten 48 cromosomas, mentres que o búfalo de río ten 50. Os dous tipos reprodúcense entre si, aínda que non facilmente, e poden producir descendencia fértil. Non se observou que se produzan híbridos con búfalos domésticos, e os embrións destes híbridos obtidos en laboratorio, non alcanzan a madureza.

  1. ICZN, 2003.
  2. Sharp, Kerry, "Frontier to the Crossroads", Outback Magazine, 67, Oct/Nov 2009. Outback Magazine Arquivado 18 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
  3. Sheikh P. A., Merry F. D. e McGrath D. G. (2006): "Water buffalo and cattle ranching in the Lower Amazon Basin: Comparisons and conflicts" Arquivado 14 de novembro de 2008 en Wayback Machine., Agricultural Systems 87: 313–330.
  4. El búfalo en Venezuela[Ligazón morta]
  5. "The Woodstock Water Buffalo Company". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2011. Consultado o 12 de maio de 2012.
  6. "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2011. Consultado o 12 de maio de 2012.
  7. Roth, J. e P. Myers (2004): "Bubalis Bubalis". Universidade de Michigan. Museo de Zooloxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]