A especie considérase en perigo, segundo a Lista Vermella da UINC, desde 1986, ao ter, daquela, unha poboación de 4.000 individuos, con menos de 2.500 individuos maduros.[1]
A súa poboación estimada (en 2010) era de 3.400 individuos, dos cales 3.100 (o 91%) vivían na India, principalmente en Assam.[2]
É de maior tamaño e máis pesado do que o doméstico. Pode chegar aos 1.200kg, cunha lonxitude de 240 a 300cm, máis de 60 a 100cm de cola, e unha altura na cruz de 150 a 190cm. Ambos os sexos teñen cornos largos na base, diverxentes, e cunha envergadura entre as puntas de até os 2 m. A coloración vai da gris cinza á negra. O pelo é moderadamente longo, cunha guedella na fronte.[3]