Bölkow Bo 103

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bölkow Bo 103
Tipohelicóptero experimental
FabricanteBölkow
Primeiro voo14 de setembro de 1961
Unidades construídas1

O Bölkow Bo 103 foi un helicóptero experimental ultralixeiro que voou por vez primeira en 1961. Deseñouse para tarefas de recoñecemento e control de mando por Bölkow Entwicklungen KG como parte dunha orde de investigación do Ministerio de Defensa de Alemaña Occidental.

Aínda que as mecánicas do aparello estaban baseadas no Bo 102 de adestramento cativo, o Bo 103 era capaz de voar de xeito totalmente independente. A súa configuración era absolutamente minimalista, consistindo en nada máis que unha estrutura tubular á que se uniron os compoñentes dinámicos e o asento do piloto, aínda que finalmente engadíuselle unha pequena cabina de plástico reforzado con fibra de vidro. A aeronave retivo o único rotor de plástico reforzado do Bo 102, e desmostrou que isto era axeitado para o voo real. Só se fabricou un prototipo e os traballos paráronse en 1962 debido á falta de interese por pate das forzas armadas alemás.[1] O prototipo está conservado no Hubschraubermuseum Bückeburg.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "EADS N.V. - Bölkow Bo 103". web.archive.org. 2007-09-29. Archived from the original on 29 de setembro de 2007. Consultado o 2022-04-20. 
  2. "Single Rotor Helicopters". www.hubschraubermuseum.de. Consultado o 2022-04-20.