Béla Lugosi
Nome orixinal | (hu) Lugosi Béla |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (hu) Blaskó Béla Ferenc Dezső 20 de outubro de 1882 Lugoj, Romanía (pt) |
Morte | 16 de agosto de 1956 (73 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Holy Cross, grotto, lot 120, grave 1 |
Datos persoais | |
Outros nomes | Arisztid Olt Albert Lugesi Olt Arisztid Belo Lugosi |
País de nacionalidade | Hungría Estados Unidos de América |
Altura | 185 cm |
Actividade | |
Ocupación | actor de cinema , sindicalista , actor de teatro , actor |
Período de actividade | 1917 - 1956 |
Xénero artístico | Cinema de terror |
Lingua | Lingua inglesa e lingua húngara |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | valor descoñecido (1955–1956), morte da persoa Lillian Arch (1933–1953), divorcio valor descoñecido (1929–1929), divorcio Ilona Montagh (1921–1925), divorcio valor descoñecido (1917–1920), divorcio |
Fillos | Bela G. Lugosi (en) () |
Premios | |
Páxina web | belalugosi.com |
|
Béla Lugosi foi o nome artístico do actor Béla Ferenc Dezső Blaskó, nado en Lugoj, Transilvania, o 20 de outubro de 1882 e finado o 16 de agosto de 1956.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era o máis novo dos 4 fillos dun banqueiro. Lugosi comezou a súa carreira como actor en Europa, traballando en distintas obras de Shakespeare. Porén, deuse a coñecer realmente co seu papel de Conde Drácula na adaptación cinematográfica da clásica historia de vampiros de Bram Stoker dirixida por Tod Browning en 1931, papel que conseguiu pola súa actuación en Broadway no mesmo papel.
Durante a primeira guerra mundial participou como tenente de infantaría e trala contenda formou parte activa na esquerda do seu país e fundou o sindicato de actores. En 1917 casou con Ilona Szmik, de quen se separaría en 1920.
Tivo que exiliarse debido á súa actividade política, primeiro a Alemaña en 1919 e posteriormente abandonou Europa e marchou ós Estados Unidos. Alí recibiu o papel da súa vida, o de Conde Drácula, papel que xa interpretara nos teatros de Broadway e en diversas xiras.
A película foi un éxito, pero Lugosi encasillouse en papeis de terror con películas como White Zombie ou Scared to Death. Rexeitou interpretar o monstro en Frankenstein, pero realizou un bo traballo interpretando ó trastornado Ygor en dúas secuelas, Son of Frankenstein e Ghost of Frankenstein antes de aceptar interpretar finalmente ó monstro en Frankenstein Meets the Wolf Man. Tivo tamén un pequeno papel na comedia clásica Ninotchka xunto a Greta Garbo.
Moitos filmes, como The Black Cat e o devandito Son of Frankenstein equipararon a Lugosi co seu maior rival no mundo do cine de terror, Boris Karloff. A actitude de Lugosi ante Karloff é tema de moitas e moi variadas opinións entre os expertos e historiadores de cine. Moitos deles falan dun Lugosi resentido polo éxito e a habilidade de Karloff para conseguir mellores papeis dentro da escena do cine de terror, mentres que outras historias comentan que entre ambos actores -ó menos durante un tempo- existiu unha moi boa amizade.
Anos máis tarde, os papeis deixaron de chegarlle e caeu na adicción á morfina, o que non lle impediu recrear por última vez o papel de Drácula na película Bud Abbott and Lou Costello Meet Frankenstein en 1948.
Xa case ó final da súa vida, volveu de novo a aparecer en películas, se ben eran de pésima calidade. Ed Wood, desde sempre un fan de Lugosi, ofreceulle numerosos papeis nas súas películas, sempre interpretando algunha variante do clásico mad doctor (científico tolo) ou de Vampiro, incluso en películas -como Glen or Glenda- nas que o seu papel non tiña sentido algún. A película biográfica de Ed Wood, (Ed Wood - 1994), dirixida por Tim Burton, reflicte -entre outros aspectos- as relacións do director con Lugosi, interpretado por Martin Landau (recibindo un Óscar por este papel). Como consecuencia das súas aparicións en películas de serie B, apareceu nalgúns episodios da serie de televisión Mystery Science Theater 3000, especialmente no seu filme Bride of the Monster.
Un dos papeis máis infames de Lugosi foi o que interpretou nunha película xa clásica que sería estreada despois da súa morte. Plan 9 from Outer Space de Ed Wood contiña metraxe de Lugosi intercalado con escenas dun dobre seu que non se parecía en absoluto a el. Wood tivera enormes dificultades para financiar o proxecto, e só foi capaz de filmar escenas curtas e mudas que pensaba incorporar na montaxe final unha vez atopase o resto da financiamento. Pero Lugosi faleceu tres anos antes de que chegase a financiamento total do proxecto (da man da Igrexa Baptista de Beverly Hills). Así que Wood contratou ó quiropráctico da súa esposa para dobrar a Lugosi, ó que podemos distinguir do auténtico Drácula polo feito de que non se parece en nada a Lugosi e porque se cobre o rostro cunha capa en cada unha das súas tomas.
Ó contrario do que podemos ver no Ed Wood de Tim Burton, Lugosi non recibiu un trato de estrela en Plan 9. Con todo, si se lle mencionou como estrela invitada, debaixo de Tor Johnson, Vampira e Kenne Duncan.
Faleceu dun ataque ó corazón ós 73 anos en Los Angeles, California, mentres se atopaba sentado nunha cadeira o 16 de agosto de 1956. A lenda do terror falecía interpretando tamén na morte á súa personaxe máis querida e que máis satisfaccións lle dera na vida, o Conde Drácula. Lugosi, como ben indicaba o seu testamento, foi incinerado levando posto o seu disfrace de vampiro, no Holy Cross Cemetery de Culver City, California.