Béatrix Beck
Béatrix Beck | |
---|---|
Nome completo | Béatrix Eugénie Henriette Marie Beck |
Nacemento | 30 de xullo de 1914 |
Lugar de nacemento | Villars-sur-Ollon |
Falecemento | 30 de novembro de 2008 |
Lugar de falecemento | Saint-Clair-sur-Epte |
Causa | párkinson |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | poeta, escritora, guionista, poeta avogado, profesora universitaria, tradutora e xornalista de opinión |
Pai | Christian Beck |
Coñecida por | The Passionate Heart |
Premios | Premio Goncourt, Prince Pierre Award, Fénéon Prize, Grande prémio de literatura da Academia francesa, Grand prix de littérature de la SGDL, Prix du Livre Inter, Prix Alice-Louis Barthou e Grand prix national des Lettres |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Béatrix Beck foi unha escritora belga naturalizada francesa, nada o 30 de xullo de 1914 en Villars-sur-Ollon (Suíza) e finada o 30 de novembro de 2008 en Saint-Clair-sur-Epte[1]. Filla do poeta Christian Beck, foi a secretaria de André Gide.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Béatrix Beck naceu en Suíza de pai de orixe letoa-italiana e nai irlandesa, educouse en Francia, licenciouse en dereito e militou no Partido Comunista Francés. Casou en 1936 cun xudeu apátrida, Naum Szapiro, que morreu na guerra. En 1948 publicou a súa primeira novela, Barny, coñeceu al André Gide de quen foi secretaria. Une mort irrégulière (1950) e Léon Morin, prêtre (1952, premio Goncourt) constituíron dous éxitos e, á morte de Gide, puido mercar un apartamento no mesmo inmoble no que vivía Sartre. En 1955 naturalízase francesa, segue a publicar novelas e en 1966 marcha ós Estados Unidos como profesora en Berkeley, en Virxinia e no Canadá na Universidade Laval, na Universidade de Sherbrooke e na 'Universidade Laurentiana. Retorna a Francia en 1977, publica novelas sobre a vida universitaria no Canadá, como Noli. Pero é con La Décharge co que gaña o prix du Livre Inter. Béatrix Beck obtivo o Prix Prince-Pierre-de-Monaco en 1989 pola totalidade da súa obra.
Obras[editar | editar a fonte]
- 1948 Barny, Gallimard.
- 1950 Une mort irrégulière, Gallimard.
- 1952 Léon Morin, prêtre, premio Goncourt.
- 1954 Des accommodements avec le ciel, Gallimard.
- 1963 Le Muet.
- 1967 Cou coupé court toujours.
- 1977 L'Épouvante, l'émerveillement.
- 1978 Noli.
- 1979 La Décharge, prix du Livre Inter.
- 1980 Devancer la nuit.
- 1981 Josée dite Nancy.
- 1983 Don Juan des forêts.
- 1984 L'Enfant-chat.
- 1986 La Prunelle des yeux.
- 1988 Stella Corfou.
- 1989 Une.
- 1990 Grâce.
- 1991 Recensement.
- 1993 Une lilliputienne.
- 1994 Vulgaires vies.
- 1994 Moi ou autres (relatos).
- 1996 Prénoms (relatos).
- 1997 Plus loin, mais où.
- 1998 Confidences de gargouille.
- 2000 La Petite Italie (relatos).
- 2001 Guidée par le songe (relatos).
- Contes à l'enfant né coiffé.
- La Mer intérieure.
- La Grenouille d'encrier.
- Mots couverts (poemas).
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Introdución a La Décharge, Grasset et Fasquelles, Collection Les Cahiers Rouges, París, 1988.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Béatrix Beck s'est éteinte en Le Figaro do 30 de novembro de 2008