Bárbara Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bárbara Iglesias
Nacemento1992
 Arcade
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiloto de bobsleigh
editar datos en Wikidata ]

Bárbara Iglesias, nada en Arcade (Soutomaior) en 1992, é unha piloto galega de bobsleigh. No ano 2012 converteuse na primeira muller española en participar nunha proba oficial da especialidade durante a disputa da proba correspondente a Copa de Europa en Igls, Austria[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bárbara comezou participando en deportes inercia como as carrilanas ou as gravity bikes. Javier Piquero propúxolle formar parte do primeiro equipo feminino español de bobsleigh da historia xunto coa asturiana Noemi Pérez. Sendo esta especialidade deportiva tan minoritaria tanto en Galicia como no resto de España, os medios cos que conta son escasos e a distancia cos países punteiros a nivel mundial é moi grande. Dende o ano 2013 a ex-piloto Oxana Tatchina[2] uniuse ó equipo español como adestradora, achegando a Bárbara e ó resto do equipo a súa experiencia acumulada durante moitos anos representando a Rusia na elite do bobsleigh mundial.

En torno a historia de Bárbara xira o documental O Tempo Futuro (2017), que segue os pasos da deportista ao longo dunha tempada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "IBSF - International Bobsleigh and Skeleton Federation". www.ibsf.org. Consultado o 2016-08-27. 
  2. "IBSF | Athletes". www.ibsf.org. Consultado o 2016-08-27.