Azza Soliman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Azza Soliman
Nacemento1968
NacionalidadeExipto
Ocupaciónavogada e Activista polos dereitos humanos
editar datos en Wikidata ]

Azza Soliman (en árabe: عزة سليمان), nada en 1968, é unha avogada e militante dos dereitos das mulleres exipcias. Fundou o Centre for Egyptian Women's Legal Assistance. Soliman foi arrestada e perseguida en varias ocasións. No 2015 testificou no caso de morte da poetisa Shaimaa al-Sabbagh, asasinada pola policía exipcia nunha manifestación no Cairo. Soliman foi obxecto de vingazas e de medidas financeiras.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no 1968, nunha familia de cinco irmás mulleres, e estudou porque foi empuxada polo seu pai. Nunca se lle obrigou a levar hijab. Xa avogada, é unha das personalidades que loita polos dereitos humanos en Exipto.[1] No 1995 funda o Centre for Egyptian Women's Legal Assistance (CEWLA), e dende 1997, o CEWLA pon en marcha programas de formación e de sensibilización xurídica sobre a cuestión da igualdade de sexos. Esta organización non gobernamental leva tamén estudos, organiza eventos sobre violencia contra as mulleres, os crimes de honor, a circuncisión, o khul, as novas interpretación xurídicas da xaria e o status dos cristiáns.[2][3]

Dende o 2010, a situación social e política mellora tras a revolucón exipcia de 2011. Os cambios foron nos estamentos máis altos do Estado, e dificúltase ás mulleres participar nos movementos nas rúas, o cal reflicte o acoso que as mulleres estaban sufrindo.[4]

No 2015, Soliman foi testemuña dun ataque por policías enmascarados nunha manifestación pacífica que conmemoraba o cuarto aniversario do movemento do 25 de xaneiro de 2011 ("xornada da cólera"). Tras observar polos seus propios ollos a morta, regresa voluntariamente ao despacho do Fiscal para testemuñar sobre a mesma de Shaima al-Sabbagh, de 31 anos.[5][6][7] Soliman quéixase e acusa ao ministro do Interior e ás forzas de seguridade. Ao final do seu testemuño, o fiscal interroga e informa que tamén presenta unha queixa contra ela por "reunión ilegal" e "participación nunha manifestación de seguridade pública". No 2015 foi acusada por "protestas non autorizadas" e "violación da seguridade e orde pública". O 23 de maio de 2015, o Tribunal resolveu os cargos na súa contra, unha sentenza confirmada en outubro do mesmo ano polo Tribunal de Apelacións, a Corte apelou a primeira decisión.[8]

No 2016, mentres Soliman planeaba viaxar a Xordania para recibir unha información en dereitos das mulleres no islam, a policía do aeroporto prohíbelle abandonar o territorio. Un tempo despois, entérase de que o seu banco conxelara as súas contas e as do seu bufete. Máis tarde foi detida e acusada de caer baixo unha nova lei sobre a organizacións non gobernamentais, que prohibe que estas ONX'S reciban subvencións do exterior. Organízase un movemento de solidariedade para axudala.[9][10]

En abril de 2018 Azza Soliman recibe o Premio Pedro de Lemonauria, creado polo Colexio da Avogacía de Biscaia para distinguir entre persoas, colectivos ou institucións que testifican o seu compromiso en defensa da Xustiza e a promoción dos seus valores.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Azza Soliman, le féminisme entravé". Libération.fr (en francés). Consultado o 20 de maio de 2018. 
  2. "Feminist activist allegedly taken from her home by security forces in Egypt". Women in the World (en inglés). 7 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2018. Consultado o 20 de maio de 2018. 
  3. Hossain, Sara; Welchman, Lynn (2 de decembro de 2005). 'Honour': Crimes, Paradigms and Violence Against Women (en inglés). Zed Books. ISBN 9781842776278. Consultado o 20 de maio de 2018. 
  4. Fahim, Kareem (5 de novembro de 2012). "Egyptian Vigilantes Crack Down on Abuse of Women". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 20 de maio de 2018. 
  5. Kingsley, Patrick (26 de xaneiro de 2015). "Female protester's death prompts rare condemnation in Egyptian state media". the Guardian (en inglés). Consultado o 20 de maio de 2018. 
  6. "In Egypt: Human rights lawyer Azza Soliman persecuted for witnessing a crime - Daily News Egypt". Daily News Egypt (en inglés). 31 de maio de 2015. Consultado o 20 de maio de 2018. 
  7. "Égypte: Shaimaa al Sabbagh, icône d'une révolution assassinée". FIGARO (en francés). 25 de xaneiro de 2015. Consultado o 20 de maio de 2018. 
  8. "Egypt: Acquittal of Ms. Azza Soliman, human rights lawyer and founder of the Centre for Egyptian Women Legal Aid (CEWLA)". Worldwide Movement for Human Rights (en francés). Consultado o 20 de maio de 2018. 
  9. Michaelson, Ruth (7 de decembro de 2016). "Arrest of leading Egyptian feminist Azza Soliman sparks anger". the Guardian (en inglés). Consultado o 20 de maio de 2018. 
  10. AfricaNews. "Egypte : l'ONU préocupée par l'arrestation d'Azza Soliman | Africanews". Africanews (en francés). Consultado o 20 de maio de 2018.