Azotobacteráceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Azotobacterácea»)
Pseudomonadaceae
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Pseudomonadales
Familia: Azotobacteraceae
Pribram, 1933
Xéneros

Azomonas
Azotobacter

A familia das bacterias azotobacteráceas (Azotobacteraceae) comprende dous xéneros de bacterias aerobioas diazótrofas chamados Azomonas e Azotobacter, que se caracterizan pola súa capacidade de formar quistes. A familia tamén se caracteriza pola súa forma variable; a forma típica é ovoide, pero moitas son pleomórficas. Se dispoñen de suficiente cantidade de molibdeno (Mo), as Azotobacteraceae poden fixar polo menos 10 mg de nitróxeno molecular por gramo de carbohidrato consumido baixo condicións aerobias. Igual que a maioría das Pseudomonadaceae, as Azotobacteraceae poden utilizar unha ampla variedade de fontes de carbono, incluíndo a sacarosa.[1]

Cuestionamento da familia[editar | editar a fonte]

Unhas análises recentes do xenoma non anotado de Azotobacter vinelandii indicaron que é máis apropiado agrupar esta bacteria na familia das Pseudomonadaceae. A distinción orixinal entre as dúas familias, Pseudomonadaceae e Azotobacteraceae, estaba baseada na capacidade de fixar o nitróxeno típica das Azotobacteraceae, pero agora sábese que algunhas Pseudomonadaceae tamén poden fixar o nitróxeno.[2] A relación entre estas familias non é sorprendente dada a capacidade de moitas Azotobacteraceae de fluorescer debido á produción de pioverdina, un péptido non ribosómico sideróforo típico de moitas Pseudomonadaceae.[3][4] Con estes descubrimentos a posición das Azotobacteraceae en taxonomía é controvertida.

En 2004, un estudo filoxenético indicou que Azotobacter vinelandii pertencía ao mesmo clado que a bacteria Pseudomonas aeruginosa,[2] e pouco despois mesmo se suxeriu que os xéneros Azotobacter, Azomonas e Pseudomonas están relacionados e poderían ser sinónimos.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tchan Y. Azotobacter. Tchan Y, and New P. Azomonas. Krieg NR, Holt JG (eds.) Bergey’s Manual of Systematic Bacteriology, Volume 1. 1984. Williams and Wilkins. Baltimore, MD 219-234
  2. 2,0 2,1 Rediers H., Vanderleyden J., De Mot R. (2004). "Azotobacter vinelandii: a Pseudomonas in disguise?". Microbiology 150 (Pt 5): 1117–1119. PMID 15133068. doi:10.1099/mic.0.27096-0. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2008. Consultado o 05 de febreiro de 2014. 
  3. Meyer JM. 2000. Pyoverdines: pigments, siderophores and potential taxonomic markers of fluorescent Pseudomonas species. Arch Microbiol. 174(3):135-42.
  4. Schwarzer D, Finking R, Marahiel MA. 2003. Nonribosomal peptides: from genes to products. Nat Prod Rep. 20(3):275-87.
  5. Young J. M., Park D.-C. (2007). "Probable synonymy of the nitrogen-fixing genus Azotobacter and the genus Pseudomonas". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 57 (Pt 12): 2894–2901. PMID 18048745. doi:10.1099/ijs.0.64969-0. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2008. Consultado o 05 de febreiro de 2014.