Azofeifeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Azofeifeira
Vista parcial coas pólas espiñentas facendo eses
Vista parcial coas pólas espiñentas facendo eses
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Rosales
Familia: Rhamnaceae
Tribo: Paliureae
Xénero: Ziziphus
Especie: ''Ziziphus jujuba''
Follas e espiños nunha poliña nova
Inflorescencia
Froitos inmaturos in situ
Froitos submaduros in situ

A azofeifeira[1] Ziziphus jujuba é unha pequena árbore caducifolia na familia Rhamnaceae, de 5–8 m de altura, moi ramificada, con pólas de cor verdosa, zigzagueantes, colgantes e espiñentas; follas alternas, coriáceas, de 2–7 cm de lonxitude, forma oblonga ou oval-lanceolada, co ápice agudo ou arredondado e a base trinerviada[2].

Descrición[editar | editar a fonte]

O seu tamaño depende directamente da humidade que teña o arbusto de porte arbóreo. É unha planta caducifolia que pode chegar a medir máis de dez metros de altura, aínda que habitualmente acada uns dous metros e medio de altura. O toro é recto con vultos e casca moi engurrada.

Posúe follas escasamente pecioladas, alternadas, coriáceas, de 2 a 7 cm de lonxitude, de forma oblonga a oval-lanceolada coa marxe finamente dentada e o ápice agudo ou arredondado. A folla ten tres nervios principais lonxitudinais e presenta dúas estípulas espiñentas na súa base. Son cor verde clara brillante coa face de cor verde brillante.

A ramificación é moi mesta, e está dotada de fortes espiños, como resultado da súa adaptación natural para se protexer dos herbívoros. Presenta ramallos de cor averdada, zigzagueantes e pénsiles.

No hemisferio norte florea entre abril e agosto. As flores son miúdas, pouco rechamangueiras, pentámeras, averdadas e situadas en grupos de dous ou tres ao longo das pólas. Produce inflorescencias cimosas, de 2 a 5 sobre un pequeno pedúnculo común á axila das follas. Flores axilares de cor amarela averdada de 3 a 4.

O froito tamén é coñecido por conter pequenas doses de aceite de palma, é unha drupa comestíbel con aspecto de oliva, duns 2 ou 3 cm de lonxitude, de forma elipsoidal ou globosa, cunha soa semente. A pela do froito é inicialmente de cor verde clara e torna nunha cor marrón avermellada cando madurece. Cando está fresco, a polpa é verde clara a amarelada pálida, de textura fariñenta —semellantea á da mazá e doce. Existen variedades enxertadas que producen froitos de 5 ou 6 cm de lonxitude.

Apáñanse a finais do verán ou principios de outono. Son ricos en azucres e mucilaxes e cunha importante cantidade de vitamina C; por iso consumíronse polo seu valor nutritivo como unha froita, natural ou desecada.

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

É unha árbore orixinaria do sur e leste de Asia (China) e é cultivada noutras partes do mundo de clima tropical ou temperado, incluída a Península Ibérica, polo seu froito comestible.[3] Porén non é común en Galiza.

Usos[editar | editar a fonte]

A madeira da azofeifeira utilízase en Aragón, Cataluña, Valencia e Illas Baleares para facer instrumentos musicais como as dulzainas e as tenoras.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Ziziphus jujuba foi descrita por Philip Miller e publicado en The Gardeners Dictionary: . . . oitaba edición, vol. 3, p. 718, 1768.[1][4]

Etimoloxía
  • Zizyphus: prestado do Latín zīzýphus, -i, de orixe Persa (zayzafun), a través do Grego ζίζυφον.
  • jujuba: do latín medieval jujuba, deformación de zīzýphus.[5]
Variedades aceptadas
  • Ziziphus jujuba var. inermis (Bunge) Rehder
  • Ziziphus jujuba f. lageniformis (Nakai) Kitag.
  • Ziziphus jujuba var. spinosa (Bunge) Hu ex H.F.Chow
Sinonimia
  • Paliurus mairei H.Lév.
  • Rhamnus jujuba L.
  • Rhamnus soporifera Lour.
  • Rhamnus zizyphus L
  • Ziziphus mauritiana Lam.
  • Ziziphus mauritiana var. deserticola A.Chev.
  • Ziziphus mauritiana var. muratiana (Maire) A.Chev.
  • Ziziphus mauritiana subsp. orthacantha (DC.) A.Chev.
  • Ziziphus mauritiana var. orthacantha (DC.) A.Chev.
  • Ziziphus muratiana Maire
  • Ziziphus nitida Roxb.
  • Ziziphus orthacantha DC.
  • Ziziphus poiretii G.Don
  • Ziziphus rotundata DC.
  • Ziziphus sativa Gaertn.
  • Ziziphus sinensis Lam.
  • Ziziphus soporifera (Lour.) Stokes
  • Ziziphus tomentosa Poir.
  • Ziziphus trinervia Roth
  • Ziziphus vulgaris Lam.
  • Ziziphus zizyphus (L.) H.Karst.
  • Zizyphon jujubum St.-Lag[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome galego da especia n'"Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola. Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988
  2. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC
  3. Ziziphus jujuba en USDA, GRIN Taxonomy for Plants, U.S. National Plant Germplasm System
  4. "Ziziphus jujuba". 
  5. Zizyphus en Douglas Harper, Online Etymology Dictionary, 2001-2018
  6. "Ziziphus jujuba". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fruits in Warm Climates. F.J.Morton, Miami, FL: 1987.
  • Nutritional data for the jujube
  • Flora of Chinesa Editorial Committee. 2007. Flora of China (Hippocastanaceae through Theaceae). 12: 1–534. In C. E. Wu, P. H. Raven & D. E. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  • Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  • Brummitt, R. K. 2009. Report of the Nomenclature Committee for Vascular Plants: 60. Taxon 58(1): 280–292.
  • Kirkbride, Jr., J. H., J. H. Wiersema & N. J. Turland. 2006. (1753) Proposal to conserve the name Ziziphus jubata against Ziziphus zizyphus (Rhamnaceae). Taxon 55(4): 1049–1050.