Saltar ao contido

Azerbaidján nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Azerbaidján nos Xogos Olímpicos

Código COIAZE
Comité nacionalComité Olímpico Nacional de Azerbaidján
www.noc-aze.org/az/ (en azerí)
Medalleiro
Ouro
9
Prata
16
Bronce
31
Total
56

Azerbaidján participou por primeira vez nos Xogos Olímpicos como país independente en 1996, e mandou atletas para competiren en todos os Xogos desde entón. Anteriormente, os atletas do país competiron como parte da Unión Soviética de 1952 a 1988, e tras a disolución da Unión Soviética, o Azerbaidján formou parte do Equipo Unificado en 1992.

Atletas do país xa gañaron 56 medallas nos Xogos Olímpicos de Verán. O país nunca gañou medallas nos Xogos Olímpicos de Inverno. O Comité Olímpico Nacional de Azerbaidján foi creado en 1992 e recoñecido polo COI en 1993. A súa última gran competición foi nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2018.

En 2016, Azerbaidján converteuse nun dos dous únicos países (sendo o outro o Reino Unido, tamén entre 2000 e 2016) en incrementar o número de medallas en cinco Xogos consecutivos.[1] O éxito do equipo de Azerbaidján nos Xogos de 2016 débese principalmente á participación de cidadáns naturalizados, xa que 12 das 16 medalllas logradas por Azerbaidján neses Xogos foron conseguidas por deportistas nados fóra do país (principalmente en Rusia, Ucraína, Belarús e Irán).[2]

Táboas coas medallas

[editar | editar a fonte]

Medallas nos Xogos de Verán

[editar | editar a fonte]
Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
1896–1948non participou
1952–1988como parte da Unión Soviética Unión Soviética
España Barcelona 1992como parte do Equipo Unificado
Atlanta 199623010161
Australia Sydney 200031201334
Grecia Atenas 200436104550
República Popular da China Pequín 200844114640
Londres 201253225930
Río de Xaneiro 20165617101839
Xapón Toquio 202044034767
Francia París 202448223730
Os Ánxeles 2028Evento futuro
Australia Brisbane 2032
Total916315661

Medallas nos Xogos de Inverno

[editar | editar a fonte]
Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
1924–1948non participou
1952–1988como parte da Unión Soviética Unión Soviética
1992-1994non participou
Xapón Nagano 199840000
Salt Lake City 200240000
Italia Turín 200620000
Vancouver 201020000
Sochi 201440000
Pyeongchang 2018100000
República Popular da China Pequín 2022200000
Italia Milán–Cortina 2026Evento futuro
Total0000

Medallas por deporte

[editar | editar a fonte]
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Loita481628
Judo3227
Taekwondo1124
Tiro1023
Boxeo02810
Karate0202
Piragüismo0112
Total9163156
  1. "Great Britain on brink of historic record at Rio 2016 as lottery funding pays dividends in Olympic medals" (en inglés). 2016-08-20. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2016. Consultado o 17 de setembro de 2020.
  2. "Sports Reference". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 17 de abril de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]