Lingua azarí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Azerí»)
Azarí
Azərbaycan dili/Азәрбајҹан дили/آذربایجان دیلی
Falado en: Acerbaixán, Irán, Xeorxia, Iraq, Rusia, Turquía e Ucraína
Rexións: Cáucaso
Total de falantes: 25 millóns
Familia: Linguas altaicas (controversia)
Linguas turcas
 Linguas oghuz
  Azarí
Escrita: Alfabeto latino, cirílico e árabe
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Acerbaixán
Regulado por: Non regulado
Códigos de lingua
ISO 639-1: az
ISO 639-2: aze
ISO 639-3: aze
Mapa
Status

O azarí está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]
Parte da serie sobre
Acerbaixán
Azərbaycan
. Escudo de Acerbaixán

Cultura
Arte • Cine
Música • Medios
Deportes • Festas

Historia

Política
Constitución • Relacións exteriores

Demografía
Grupo étnico • Lingua • Relixión

Xeografía

Subdivisións
Distritos • Cidades •
Rexións económicas e distritos

O azarí,[2] tamén coñecido como azerí[3] ou acerbaixano,[4] é a lingua oficial de Acerbaixán. Os falantes deste idioma denomínano azərbaycan. Presenta varios dialectos falados en varios países veciños coma Irán, Rusia (no Daguestán), Xeorxia, Iraq e Turquía. Estímase que entre 20 e 50 millóns de persoas falan azarí. É unha lingua altaica, da rama oghuz, moi relacionada co turco e influenciada polo persa e o árabe.

Nomenclatura[editar | editar a fonte]

Durante o período inicial da República de Acerbaixán, o idioma denominábase "Türkdili" ("turco"), pero dende 1994 úsase o nome "Azərbaycan dili" ("azarí"). En moitas partes de Irán denomínase ó azarí turki ou torki, chamando ó turco turco de Istambul. Algúns expertos considérano un dialecto do turco, aínda que o código ISO denomínao "azarí".

Historia e evolución[editar | editar a fonte]

O autor medieval Ibn al-Nadim, na súa obra Al-fihrist, menciona que nas zonas da antiga Persia, incluído o territorio da actual República de Acerbaixán, falábase unha lingua distinta. Así, cita as linguas de raíz iraniana: fahlavi (pahlavi), dari, juzi, farsi (persa), e seryaní.

O dari, que xurdiu na zona leste de Irán, sería a lingua usada nas Cortes Reais. O parsi sería a lingua propia da relixión zoroástrica.

Os estudos etimolóxicos apuntan que os dialectos actuais que se falan nas rexións de Bakú, Jaljal e Semnan xurdiron dunha lingua común.

Crese que a forma turca que presenta actualmente o azarí substituíu o pahlavi durante a chegada dos pobos turcos.

Literatura[editar | editar a fonte]

A literatura clásica azarí xurdiu no século XI, baseada nos dialectos Tabriz e Shervan. A literatura moderna de Acerbaixán está baseada no dialecto shervani, mentres que en Irán se basea no tabrizí. No 1875 publicouse o primeiro xornal en azarí, Əkinçi. Durante o período soviético, o azarí foi usado como lingua franca entre tódolos pobos de etnia turca que habitaban a Unión Soviética.

A mediados do século XIX aprendíase nas escolas de Bakú, Gandja, Saki, Tbilisi e Ereván. Dende 1845 pódese estudar na Universidade de San Petersburgo, Rusia.

Alfabetos[editar | editar a fonte]

Oficialmente, o azarí usa o alfabeto latino inda que o alfabeto cirílico está amplamente difundido e aínda é oficial no Daguestán. Existe total correspondencia entre os dous alfabetos, que dá ó cirílico unha orde distinta da habitual:

Aa Аа, Əə Әә, Bb Бб, Cc Ҹҹ, Çç Чч, Dd Дд, Ee Ее, Ff Фф, Gg Ҝҝ, Ğğ Ғғ, Hh Һһ, Xx Хх, Iı Ыы, İi Ии, Jj Жж, Kk Кк, Qq Гг, Ll Лл, Mm Мм, Nn Нн, Oo Оо, Öö Өө, Pp Пп, Rr Рр, Ss Сс, Şş Шш, Tt Тт, Uu Уу, Üü Үү, Vv Вв, Yy Јј, Zz Зз.

Ata 1929, só se usou o alfabeto árabe. Entre 1929 e 1938 usouse o alfabeto latino inda que de forma distinta á que se usa hoxe. A partir dese ano e ata 1991 usouse o alfabeto cirílico. Dende ese ano e ata a actualidade houbo un lento período de transición ó alfabeto latino. Os falantes de azarí en Irán continúan usando o alfabeto árabe.

Se está escrito en alfabeto latino, as palabras estranxeiras tradúcense á súa propia pronuncia. Por exemplo: "Bush" escríbese "Buş", e "Schröder", "Şröder".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definición de azarí no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. "azerí". TERGAL. Consultado o 22/03/2019. 
  4. Definición de acerbaixano, -a no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]