Ayame 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ayame 1 / ECS 1
TipoComunicacións / experimental.
OrganizaciónNASDA
Contratistas principaisMitsubishi Electric
Satélite deTerra
Data de lanzamento6 de febreiro de 1979, 8:46 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorN-1[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Tanegashima[2]
Obxectivo da misiónExperimentos de comunicación e propagación.[2][5]
NSSDC ID1979-009A
Masa130,0 kg[2][5][6]
DimensiónsCilindro de 1,9 m de alto e 1,4 m de diámetro.[6]
Datos orbitais
Semieixo maior29.821 km[1]
Inclinación8,6 graos[1]
Apoapse34.429,1 km[1]
Periapse12.472,3 km[1]

Ayame 1, tamén coñecido como ECS 1 (Experimental Communication Satellite 1) foi un satélite de comunicacións construído por Mitsubishi Electric para a axencia espacial xaponesa NASDA e lanzado o 6 de febreiro de 1979 mediante un foguete N-1 desde o Centro Espacial de Tanegashima.[2][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Ayame 1 consistía en facer experimentos de comunicacións e de propagación desde órbita, seguindo a misión do satélite ETS 2. Tiña forma de cilindro de 1,9 m de altura e 1,4 m de diámetro e estabilizábase mediante xiro. Dun dos extremos sobresaían catro antenas para VHF, mentres que do outro dúas antenas de prato, cun mecanismo para non rotar co resto do satélite, usaríans para comunicacións en banda C e banda K.[2][5][6]

Despois do lanzamento, Ayame 1 foi posto nunha órbita de transferencia cara a órbita xeoestacionaria. O 9 de febreiro, dez segundos despois de acender o seu motor de apoxeo para chegar á órbita final, o satélite deixou de transmitir.[2][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "AYAME 1 (ECS 1)" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (4 de novembro de 2011). "Ayame 1" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  3. "Note verbale dated 31 July 1979 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (79-22333). 28 de agosto de 1979: 1. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "ECS 1A / Ayame" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ECS a, b (Ayame 1, 2)" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2018). "Ayame" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]