Aya Hirayama
Aya Hirayama | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1984 |
Lugar de nacemento | Nasushiobara |
Nacionalidade | Xapón |
Alma máter | Horikoshi Academy |
Ocupación | seiyū, actriz, tarento, ídolo xaponés e gravure idol |
Cónxuxe | Mokomichi Hayami |
Na rede | |
http://fc.hirayamaaya.jp | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Aya Hirayama (en xaponés 平山あや[1]), nada en Kuroiso o 13 de xaneiro de 1984, é unha actriz xaponesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1998 gañou unha proba de talento de Horipro[2] para procurar actrices e debutou ao ano seguinte na serie Kawaii dake ja dame kashira da TV Asahi e dende entón apareceu regularmente en moitas series xaponesas de televisión; comezou a se facer coñecida a partir de 2001 pola súa participación como a heroina na serie Fighting Girl e no filme Waterboys. En 2004 foi un dos protagonisas do filme surcoreano Baramui paiteo[3] e en 2005 protagonizou a serie de televisión Haruka 17, baseada no manga do mesmo nome. En 2006 protagonizou Backdancers! co cantante Hiroko Shimabukuro.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Non obstante, os caracteres empregados dende o seu nacemento ata 2003 foron: 平山 綾. "速水もこみちと平山あやが結婚、オリーブオイル婚だと話題に". Geino, 12 de agosto de 2019
- ↑ "平山あや". Horipro
- ↑ "Aya Hirayama" en IMDb