Axencia de Doazón de Sangue e Órganos
Axencia de Doazón de Sangue e Órganos | |
---|---|
Tipo | organización |
Organización matriz | Consellería de Sanidade |
Sede | Centro de Transfusión de Galicia |
País | Galicia |
Na rede | |
https://ados.sergas.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |

A Axencia de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) é unha fundación pública dependente da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. A súa base é o Centro de Transfusión de Galicia, sito en Santiago de Compostela, que iniciou a súa actividade no ano 1993, o cal encárgase de organizar e distribuír aos diferentes bancos de sangue dos hospitais galegos os compoñentes sanguíneos que precisaren (principalmente eritrocitos ou glóbulos vermellos, plaquetas e plasma fresco conxelado). Ademais conta con diferentes sedes locais onde se extrae o sangue dos doantes, así como unidades móbiles en autobuses que percorren periodicamente as diferentes localidades do país. A Axencia de Doazón de Sangue e Órganos ten sedes en Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Ferrol. As unidades móbiles desprázanse ás localidades cada dez días, e xunto coas unidades recollidas nas sedes das sete cidades galegas, envíanse ao CTG para o seu procesamento, almacenamento e distribución[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "A doazón de sangue en Galicia." (PDF). ados.sergas.gal. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15/02/2021. Consultado o 14/01/2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web da Axencia de Doazón de Sangue e Órganos Arquivado 21 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.