Awake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Awake
Álbum de Dream Theater
Publicado4 de outubro de 1994
Gravaciónmaio - xullo de 1994
Estudio(s)One on One Studios e Devonshire Studios
Duración75:00
Xénero(s)metal progresivo, rock progresivo
Selo(s)East West Records
Producido porJohn Purdell, Duane Baron
Cronoloxía
Live at the Marquee
(1993)
Awake A Change of Seasons
(1995)

Awake é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de metal progresivo Dream Theater, publicado o 4 de outubro de 1994 a través do selo East West Records. Foi o derradeiro disco do grupo en contar co teclista Kevin Moore, que anunciou a súa decisión de deixar a banda durante a gravación do traballo.

Gran parte do material para Awake foi escrito en sesións de composición entre febreiro e abril de 1994, durante as cales Dream Theater foi presionado polo seu selo para producir un álbum tan exitoso como Images and Words (1992) cun sinxelo semellante a "Pull Me Under". A discográfica quería que a banda producise un disco máis orientado cara o metal, agardando que fose máis doado de comercializar. John Purdell e Duane Baron produciron, gravaron e mesturaron o traballo. A portada do álbum, deseñada pola banda, contén numerosas referencias as letras das cancións.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Toda a música composta por Dream Theater, agás onde se indique.

N.º TítuloLetras Duración
1. "6:00"  Kevin Moore 5:31
2. "Caught in a Web"  James LaBrie, John Petrucci 5:28
3. "Innocence Faded"  Petrucci 5:42
4. "I. Erotomania"  (instrumental) 6:44
5. "II. Voices"  Petrucci 9:53
6. "III. The Silent Man" (music: Petrucci)Petrucci 3:47
7. "The Mirror"  Mike Portnoy 6:45
8. "Lie"  Moore 6:33
9. "Lifting Shadows Off a Dream"  John Myung 6:05
10. "Scarred"  Petrucci 10:59
11. "Space-Dye Vest" (música: Moore)Moore 7:29
74:56
Disco extra no Xapón
N.º Título Duración
1. "Eve"   5:05