Avro Ashton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avro Ashton
Prototipo do Ashton
Tipoavión experimental de pasaxeiros
FabricanteAvro
Primeiro voo1 de setembro de 1950
Unidades construídas6

O Avro 706 Ashton foi un prototipo británico de avión de pasaxeiros a reacción fabricado por Avro durante os anos 50. Aínda que voou case un ano despois do de Havilland Comet, representou un programa experimental e nunha tivo a intención de converterse nun avión para uso comercial. Usouse principalmente para probas de apuntado experimental de bombas e para desenvolvemento de motores.[1]

Deseño e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O Avro 689 Tudor 9 estaba baseado no avión de pistóns Avro 689 Tudor II usando a experiencia do traballo coa versión experimental Tudor 8 equipado con reactores Rolls-Royce Nene e que voara por vez primeira o 1 de setembro de 1948.[2][1] O Avro Type 689 Tudor 9 posteriormente foi bautizado como Avro 706 Ashton e era un avión con catro reactores de investigación impulsado por Rolls-Royce Nene emparellados en góndolas nas ás.

Fabricáronse seis exemplares usando a fuselaxe do Tudor, comezando coa conversión do Tudor I con motores Nene 5. Os seguintes Ashton incorporaron o mellorado Nene 6 e contaban cunha deriva máis cadrada e grande e un tren de aterraxe en triciclo. Os motores estaban estreitamente agrupados en dúas góndolas que se alineaba perfectamente coas ás. A disposición de catro motores compensaba o pouco pulo dos primeiros reactores e reducía en gran parte os efectos asimétricos que poderían afectar ao avión no caso da perda dun motor.[3]

A tripulación estaba formada por piloto, copiloto, navegador, enxeñeiro de voo e operador de radio, agrupados na cabina de voo e no compartimento frontal do aparello.

Historial operativo[editar | editar a fonte]

Ashton 1 en 1959

A produción completouse rapidamente a través da modificación de fuselaxes de Tudor 2 excedentes fabricándose un único exemplar dos Ashton 1 (WB490), Ashton 2 (WB491), e Ashton 4 (WB494), e tres do Ashton 3 (WB492, WB493 e WE670), todos fabricados por Avro en Woodford. Os voos de proba comezaron en 1950 avaliando a operación con reactores e a navegación, e polo menos un dos exemplares probou equipamento de bombardeo con dous contedores de bombas aerodinámicos baixo as ás.[4]

A pesar de ser un dos primeiros transportes aéreos equipado con reactores, o Ashton dedicouse principalmente a traballos experimentais e ao pouco tempo foi eclipsado tecnoloxicamente polo primeiro avión de pasaxeiros a reacción que entrou en produción, o de Havilland Comet.

O Ashton WB491 foi modificado cunha montaxe baixo a fuselaxe para probar motores de turbina. Foi usado por Rolls Royce para probas cos seus motores Conway e Avon.

Bristol Siddeley usou o Ashton WB493 como banco de probas para o seu turborreactor Olympus. O avión equipouse con dous motores Olympus baixo as ás, fóra dos Nenes. Este aparello tivo un papel principal na película británica de 1960 Cone of Silence. Posteriormente o mesmo avión usouse como banco de probas para o motor Bristol Siddeley Orpheus.

No presente a fuselaxe do Ashton 2 (WB491) consérvase no Newark Air Museum, no Reino Unido.[5]

Especificacións[editar | editar a fonte]

Características xerais[editar | editar a fonte]

  • Tripulación: 5
  • Lonxitude: 27,292 m
  • Envergadura: 37 m
  • Altura: 9,53 m
  • Superficie alar: 132 m2
  • Peso máximo de engalaxe: 37 195 kg
  • Motores: 4 motores turborreactores de fluxo centrífugo Rolls-Royce Nene 6, de 22 kN de empuxe cada un

Rendemento[editar | editar a fonte]

  • Velocidade máxima: 707 km/h
  • Alcance: 2 776 km
  • Teito de servizo: 12 300 m
  • Velocidade de ascenso: 15 m/s

Armamento[editar | editar a fonte]

  • Bombas: o WB494, o único Ashton Mk.4, tiña unha góndola ventral presurizada para apuntado de bombas e levaba bombas de práctica en contedores debaixo das ás

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Avro 706 Ashton". www.baesystems.com. Consultado o 2024-04-03. 
  2. Kamov (ed.). "Avro Ashton". Archived from the original on 15 de maio de 2012. Consultado o 13 de xuño de 2018. 
  3. Jackson 2000, p. 435
  4. Winchester 2005, p. 66
  5. "Aircraft List". www.newarkairmuseum.org. Consultado o 2024-04-03. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jackson, A.J. Avro Aircraft since 1908. Londres: Putnam Aeronautical Books, 2000 (edición revisada). ISBN 0-85177-797-X.
  • Winchester, Jim. X-Planes and Prototypes. Londres: Amber Books Ltd., 2005. ISBN 1-904687-40-7.