Avitaminose
Aparencia
As avitaminoses son un conxunto de enfermidades causadas pola ausencia ou deficiencia de vitaminas no organismo[1]. Xeralmente débense a unha alimentación insuficiente ou desequilibrada, aínda que tamén poden aparecer como consecuencia doutros problemas de saúde.[2]
As vitaminas
[editar | editar a fonte]As vitaminas adóitanse clasificar segundo a súa solubilidade en auga ou en lípidos:

Hidrosolubles:
- Vitamina C ou ácido ascórbico (antiescorbútica)
- Complexo B
- Vitamina B1, tiamina, aneurina ou vitamina antiberibérica
- Vitamina B2, riboflavina, lactoflavina, verdoflavina ou vitamina Q
- Vitamina B3, niacina, ácido nicotínico, nicotinamida ou vitamina PP
- Vitamina B5 ou ácido pantoténico
- Vitamina B6, piridoxina, piridoxal, piridoxamina ou adermina
- Vitamina B7, biotina, factor bios, coenzima R, vitamina H, vitamina B8, vitamina Bw
- Vitamina B9, ácido fólico, folacina, factor S, factor U, vitamina 10, vitamina 11 ou vitamina M
- Vitamina B12, cianocobalamina ou factor extrínseco de Castle
- Vitamina B15* ou ácido pangámico
- Vitamina B17*, laetril ou amigdalina
- Vitamina BT ou carnitina
Nota: as marcadas cun (*) non se consideran realmente vitaminas.
Liposolubles:
- Vitamina A, retinol, vitamina antixeroftálmica ou vitamina antiinfecciosa
- Vitamina D, calciferol (colecalciferol ou D3) (antirraquítica)
- Vitamina E, tocoferol, vitamina antiesterilidade ou vitamina da fertilidade
- Vitamina K, naftoquinona, filoquinona, vitamina antihemorráxica
Doenzas causadas pola deficiencia de vitaminas
[editar | editar a fonte]As diferentes doenzas causadas por deficiencia de vitaminas dependen do tipo de vitamina da que o individuo ten carencia.
- Hemeralopía. Deficiencia de vitamina A (retinol): provoca cegueira nocturna, sequidade nos ollos (conxuntiva) e na pel, así como diversas afeccións das mucosas. Pola contra, o exceso desta vitamina pode causar trastornos como alteracións óseas e mesmo inflamacións e hemorraxias en distintos tecidos.
- Osteomalacia. Deficiencia de vitamina D (calciferol): produce descalcificación e deformación dos ósos (osteoporose), así como carie dental grave.
- Vitamina E (tocoferol). A súa deficiencia pode ocasionar anemia hemolítica (destrución dos glóbulos vermellos do sangue), dexeneración muscular e trastornos da reprodución.
- Vitamina K (antihemorráxica). A súa carencia pode provocar hemorraxias nasais, do aparello dixestivo ou do aparello xenitourinario.
- Escorbuto. Deficiencia de vitamina C (ácido ascórbico): causa sequidade e formación de puntas abertas no cabelo, xenxivite (inflamación das enxivas), sangrado das enxivas, pel áspera, seca e descamativa, diminución da capacidade de cicatrización das feridas, tendencia á formación de hematomas, hemorraxias nasais, debilitamento do esmalte dental, dor e inflamación das articulacións, anemia, diminución da capacidade para combater infeccións e un posible aumento de peso debido ao metabolismo lento.
- Beriberi. Deficiencia de vitamina B₁ (tiamina): provoca fatiga e alteracións do sistema nervioso en xeral. Se a deficiencia é grave, poden aparecer a síndrome de Korsakoff, caracterizada pola perda de memoria e a confusión, ou a encefalopatía de Wernicke, con trastornos oculares e confusión.
- Vitamina B₂ (riboflavina). A carencia de vitamina B₂ na dieta provoca trastornos oculares como fotofobia (dor ocular causada pola luz) e lagrimexo, así como alteracións bucais, entre elas a aparición de fisuras nas comisuras dos beizos e o seu avermellamento.
- Pelagra. Deficiencia de vitamina B₃ (niacina ou ácido nicotínico): produce dermatose, inflamación da pel, alteracións do aparello dixestivo, diarrea e deterioración do sistema nervioso, que pode chegar á demencia.
- Vitamina B₆ (piridoxina). A súa deficiencia importante provoca irritabilidade, debilidade, mareos, depresión, neuropatía periférica, espasmos, alteracións do crecemento, acrodinia e anemia.
- Anemia perniciosa. Causada pola deficiencia de vitamina B₁₂ (cianocobalamina).
Tratamento
[editar | editar a fonte]O enfoque terapéurico das avitaminoses consiste na suplementación da ditas vitaminas para solucionar a carencia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A Real Academia Galega define a avitaminose coma a "carencia ou deficiencia de vitaminas, que pode causar enfermidades".
- ↑ "Avitaminosis". NCBI.
Este artigo non está dentro dunha categoría ou precisa categorías adicionais. Por favor, engádelle as categorías pertinentes e retira o modelo {{Sen categoría}}.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |