A avetarda grande,[1] comunmente avetarda[2] (Otis tarda) é unha ave zancuda do sur e centro de Europa e da Asia temperada. As poboacións europeas (Otis tarda tarda) non emigran, pero as asiáticas (Otis tarda dybowskii) móvense ao sur no inverno.
É unha especie en perigo debido á mecanización das rexións agrícolas, vive en zonas áridas.
O macho mide 1 m de longo e ten 2'4 m de envergadura, pode pesar ata 16kg, considérase a ave de maior peso de Europa, ten a plumaxe parda avermellada con manchas negras. A femia é un 30% máis pequena e pesa a metade.
Aliméntase de herba e suplementariamente de insectos, ratos, ovos e vermes.