Avenida de Arteixo (A Coruña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°21′38″N 8°24′40″O / 43.360657358261, -8.4111295971617

Avenida de Arteixo
Mural da canteira de Santa Margarida, de Leopoldo Nóvoa
TipoloxíaAvenida de acceso e saída da cidade
Dimensións
Formato2 ou 3 carrís por sentido
Localización
InicioRúa de Juan Flórez
FinAutoestrada de Carballo
LocalidadeA Coruña
Cómo chegar
Bus
Circulación
TránsitoPeonil e rodado

A avenida de Arteixo é unha das principais vías de saída da Coruña. Vai dende a rúa de Juan Flórez ata a rotonda de Eduardo Diz, no polígono da Agrela. A partir de aí continúa baixo a denominación de estrada de Baños de Arteixo ata o comezo da AC-552 e a AG-55. Ata o ano 2009 recibiu oficialmente o nome de Avenida de Arteijo,[1] mais as placas co topónimo castelanizado non se cambiaron ata xuño de 2017.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Placa co nome deturpado

A avenida de Arteixo aparece recollida por primeira vez no plan presentado por César Cort en 1945 co nome de Avenida do Parque, por arrodear o Parque de Santa Margarida[3] e concibiuse como alternativa á Avenida de Fisterra. A vía rematouse a principios da década de 1990.

En 2017, a avenida recuperou o nome galego.[4]

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Na avenida de Arteixo atópanse algúns lugares de interese, como o parque de Santa Margarida, co mural de Leopoldo Nóvoa,[5] o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa e o centro comercial Marineda City.

O edificio no número 10, de Ramón Vázquez Molezún (1956)[6] ten fenêtres en longueur, ao estilo Le Corbusier. O centro de saúde dos Mallos, de Noguerol e Díez (1998) está situado no número 96.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pérez, P. (9 de xaneiro de 2009). "El Ayuntamiento sólo ha aprobado el cambio de 14 calles de la ciudad al gallego". 20 minutos (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2016. 
  2. La normalización de la toponimia del callejero comienza en Arteixo
  3. González-Cebrián Tello, José (1984). La ciudad a través de su plano. La Coruña (en castelán). Concello da Coruña. ISBN 9788450099904. 
  4. A Coruña recupera a toponimia oficial para as súas rúas con 34 anos de atraso
  5. Lobato, Xurxo (18 de maio de 2015). "Se está restaurando el mural de Leopoldo Nóvoa en el parque de Santa Margarita de A Coruña". Leopoldo Nóvoa. Consultado o 20 de febreiro de 2016. 
  6. Legado Vázquez Molezún
  7. Noguerol y Díez
  8. "Centro de Saúde de Os Mallos". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2016. Consultado o 20 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4.