Avenida (urbanismo)

Unha avenida é unha vía principal dunha urbe, de especial relevancia ben polo seu tamaño, ben polos lugares que conecta. Adoitan ser rúas largas, de dous ou máis carrís, con árbores ou medianas de separación, e de gran capacidade de tráfico para permitir a circulación dun grande número de vehículos.[1]
Necesariamente ten que ser ampla ou extensa, e o criterio que se usa normalmente para denominar unha vía como avenida ou rúa é a súa importancia relativa. Pódese ter en conta se serve ou non como punto de conexión entre outras vías e barrios importantes, que conectan os servizos da comarca.[2]
A miúdo, unha avenida pode concentrar un gran número de empresas, constituíndo un importante centro financeiro ou comercial para a cidade, como é a Avenida da Gran Vía de Vigo. Ademais de ser este un dos principais atractivos turísticos e culturais da cidade. Tamén pode ser un centro turístico relevante, como a Avenida Atlântica de Río de Xaneiro, a Times Square e a Quinta Avenida de Nova York ou a Avenida da Liberdade de Lisboa. A avenida máis longa do mundo é a Avenida de 9 de xullo, en Buenos Aires.[3][4]
En Galicia
[editar | editar a fonte]




A distribución costeira da poboación galega fai que as áreas máis densamente poboadas e, por ende, a maioría das cidades se atopen na franxa litoral.[5] Vigo e A Coruña son as dúas cidades máis poboadas e extensas, e por tanto as que maior número de avenidas posúen.[6]
Avenidas máis importantes
[editar | editar a fonte]Vigo
[editar | editar a fonte]A Coruña
[editar | editar a fonte]Ourense
[editar | editar a fonte]- Avenida da Habana
- Avenida de Bos Aires
- Avenida Castelao
- Avenida de Santiago
- Avenida das Caldas
- Avenida de Marín
- Avenida de Zamora
- Avenida de Portugal
- Avenida Marcelo Macías
Santiago
[editar | editar a fonte]- Avenida de Santiago de Cuba
- Avenida de Lugo
- Avenida de Antón Fraguas
- Avenida de Fernando de Casas Novoa
- Avenida de Romero Donallo
- Avenida de Xoán XXIII
- Avenida de Xoán Carlos I
Lugo
[editar | editar a fonte]- Avenida da Coruña
- Avenida de Garabolos
- Avenida de Paulo Fabio Máximo
- Avenida Ramón Ferreiro
- Avenida da Infanta Elena
Pontevedra
[editar | editar a fonte]- Avenida de Compostela
- Avenida de Augusto García Sánchez
- Avenida de María Victoria Moreno
- Avenida do Uruguai
- Avenida das Corvaceiras
- Avenida de Eduardo Pondal
- Gran Vía de Montero Ríos
- Avenida de Bos Aires
- Avenida da Raíña Vitoria
- Avenida de Virxinia Pereira Renda
- Avenida de Josefina Arruti
- Avenida de Lugo
Ferrol
[editar | editar a fonte]- Avenida de Vigo
- Avenida do Esteiro
- Avenida das Pías
- Avenida do Rei
- Avenida de Breogán
Outras vilas
[editar | editar a fonte]- Avenida Nicasio Pérez, en Narón.
- Avenida das Mariñas, en Oleiros.
- Avenida de Rosalía de Castro, en Vilagarcía.
- Avenida de Rosalía de Castro, en Ames.
- Avenida de Redondela, na parroquia redondelá de Chapela.
- Avenida de Bueu, en Cangas de Morrazo.
- Avenida de Ourense, en Marín.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O Dicionario da Real Academia Galega define a avenida como unha rúa longa e larga, polo xeral con árbores nas beiras.
- ↑ Fernández Ramírez, Baltasar. "Avenidas, viarios y circunvalaciones. La ciudad como esquema.". Universidad de Almería (UAL). Consultado o 22 de marzo de 2025.
- ↑ Novick, Alicia (marzo de 2011). "La avenida más ancha del mundo. Política, arquitectura e imagen.". Anales del Instituto de Arte Americano e Investigaciones Estéticas. Mario J. Buschiazzo. 41 (2): 133–154. ISSN 2362-2024.
- ↑ "Widest avenue". Guinness World Records (en inglés). Consultado o 2023-05-30.
- ↑ Lois González, Rubén C.; Aldrey Vázquez, Xosé A. (2010). "El problemático recorrido de la ordenación del territorio en Galicia.". Cuadernos Geográficos 46 (2): 583–610.
- ↑ García Filgueira, Marta (2006). "Arquitectura y urbanismo en Galicia.". Minius XIV: 115–136.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avenida |