Avelino López López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avelino López López
Nacemento1907
Lugar de nacementoSantiso
Falecemento24 de agosto de 1988
Lugar de falecementoSerantes
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]
Placa da rúa Avelino López en Bran.

Avelino López López, nado en Bran (Niñodaguia, Santiso) cara a 1907 e finado en Serantes o 24 de agosto de 1988, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Foi nomeado mestre interino de Melide en agosto de 1936.[1] Trasladouse á escola de Sésamo (Culleredo) en 1943.[2] Despois foi mestre de Eidián (Agolada) ata que foi trasladado á Ponte Arcediago en 1952.[3] En 1952 foi nomeado alcalde de Santiso. Continuou no cargo ata as primeiras eleccións democráticas. Finou en Serantes o 24 de agosto de 1988.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1935 con María Rocío Mejuto Varela, filla de Ramón Mejuto Méndez,[5] e foi pai de Ramón, José Luis, Gonzalo, Antonio, Manuel e Miguel López Mejuto.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Unha rúa de Bran leva o seu nome.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 30-8-1936, p. 6.
  2. El Compostelano, 6-9-1943, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 11-7-1952, p. 6.
  4. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 25-8-1988, p. 41.
  5. El Eco de Santiago, 20-4-1935, p. 3.
  6. Santiso bautizará doce viais cos nomes dos alcaldes do século XX

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Predecesor:
José Montero Salgado

Alcalde de Santiso

1952 - 1979
Sucesor:
Ramón Villar Edreira