Avefría de rabo branco
| Avefría de rabo branco | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Vanellus leucurus Martin Lichtenstein 1823 | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
Sinonimia
Charadrius leucurus Lichtenstein, 1823
Chettusia leucura (Lichtenstein, 1823) | |||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||
A avefría de rabo branco[1] (Vanellus leucurus) é unha ave limícola do xénero Vanellus. O nome do xénero Vanellus é o nome dado en latín medieval á avefría e deriva de vannus, 'abano para airear o gran'. O adxectivo específico leucurus vén do grego antigo leukouros, 'rabo branco, cola branca'.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]Esta avefría de tamaño medio ten patas longas e bico bastante longo. Viven en zonas de augas pouco profundas e pradeiras pantanosas, onde captura invertebrados, principalmente insectos e outras pequenas presas principalmente na superficie e na lama.[3]
Os adultos son aves ergueitas e delgadas de dorso e parte anterior do pescozo marróns, face máis clara e peito cincento. As súas patas longas amarelas, a súa cola ou rabo totalmente branca e as súas distintivas ás marróns, brancas e negras fan que esta especie sexa inconfundible. As aves novas teñen un dorso con manchas e poden ter algo de marrón na cola.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Reprodúcese de forma semicolonial en marismas do interior en Iraq, Kuwait, Irán e sur de Rusia. Poñen catro ovos nun niño no chan. Os exemplares que se reproducen en Iraq e Irán son principalmente residentes, pero os de Rusia migran ao sur en inverno ao subcontinente indio, ao Oriente Próximo e ao nordés de África. É unha ave vagante rara en Europa occidental, pero chega a Reino Unido e a Iberia, polo que está incluída na lista das aves ibéricas.
A chamada que usan na estación reprodutora é un piiuit, similar ao da avefría choromica.
Conservación
[editar | editar a fonte]Nalgunhas partes da súa área de distribución a especie enfróntase a ameazas relacionadas coa destrución do hábitat e caza ilegal accidental.[4]
É unha das especies ás cales se aplica o Acordo para a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africano-Eurasiáticas (AEWA).

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 225, 397. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Peter Colston, Philip Burton: Limicolen. Alle europäischen Watvogel-Arten, Bestimmungsmerkmale, Flugbilder, Biologie, Verbreitung. BlV Verlagsgesellschaft, München 1989, ISBN 3-405-13647-4.
- ↑ Armenian Bird Census. "The State of White-tailed Lapwing in Armenia". TSE NGO. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2017. Consultado o 31 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avefría de rabo branco |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Avefría de rabo branco |
- Folla de datos de BirdLife species para Vanellus leucurus
- {{{2}}} en Avibase
- Vídeos, fotos, e sons de Avefría de rabo branco na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Avefría de rabo branco en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Vanellus leucurus en IUCN Red List maps
- Vanellus-leucurus - Gravacións de sons de White-tailed lapwing en Xeno-canto.
