Autor de nome científico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carl von Linné, pai da taxonomía moderna.

En nomenclatura, o autor con nome científico é a persoa ou equipo que describiu, denominou e publicou válidamente un taxón. A cita do autor é a referencia ó autor ou autores do taxón e escríbese logo do nome científico do mesmo.[1]

O modo en que se realiza a cita do autor dun determinado nome científico varía segundo se trate de taxóns de plantas, animais ou bacterias, e atópase normalizado, respectivamente, polo Código Internacional de Nomenclatura para algas, fungos e plantas, o Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica e o Código Internacional de Nomenclatura de Bacterias. De feito, no caso dos taxóns de plantas, a cita do autor realízase en forma xeralmente abreviada, mentres que nos casos dos taxóns de animais e de bacterias utilízase o apelido completo do autor.[2][3][4]

A continuación detállanse as normas e recomendacións para citar ao autor ou autores de taxóns de plantas, animais e bacterias.

Regras e recomendacións[editar | editar a fonte]

Taxóns de plantas[editar | editar a fonte]

As regras e recomendacións para citar ao autor ou autores dun taxón de plantas están establecidas no artigo 46 do Código Internacional de Nomenclatura para algas, fungos e plantas, as cales se resumen a continuación:[5]

  • Nas publicacións, particularmente aquelas referidas a taxonomía e nomenclatura, é desexable citar aos autores do nome do taxón, aínda cando non se realice unha referencia bibliográfica.[6] Exemplos: 
Rosaceae Juss., Rosa L., Rosa gallica L., Rosa gallica var. eriostyla R.Keller, Rosa gallica L. var. gallica.

Pode observarse que a cita do autor realízase tanto para a familia (Rosaceae), como para o xénero (Rosa), a especie (Rosa gallica) ou a variedade (Rosa gallica var. eriostyla). O autor para o nome da familia é Antoine-Laurent de Jussieu, para o nome do xénero e da especie é Carl von Linné e para a variedade é Robert Keller. Todos eses nomes foron convenientemente abreviados segundo se indica na seguinte sección.

  • Aínda nas revistas científicas, o nome do autor dun taxón cítase só a primeira vez que se menciona a dito taxón. Exemplo:[7] 
O xénero Vicia L. está representado por ca. 180 a 210 especies, distribuídas en tódalas rexións tropicais e tépedas do mundo. O maior centro de variación de especies de Vicia atópase na área Mediterránea, con centros secundarios en América do Norte e América do Sur.
  • O nome dun novo taxón debe atribuírse ao autor ou autores que realizaron a descrición válida ou diagnose dese taxón, aínda que a publicación da diagnose sexa realizada por outros autores.[8]  
Olive Mary Hilliard e Brian Laurence Burtt publicaron en 1986 un traballo no que os nomes e descricións de varias especies de Schoenoxiphium, incluíndo a Schoenoxiphium altum, atribuíanse a Ilkka Kukkonen[9] O nome do taxón, entón, cítase como S. altum Kukkonen.[10]
John Torrey e Asa Gray na súa obra de 1838[11] atribuíron os nomes Calyptridium e C. monandrum a «Nutt». As descricións estaban entre comiñas indicando que Thomas Nuttall as escribira, como se recoñecía e agradecía no prólogo. Os nomes, entón, cítanse como Calyptridium Nutt. e C. monandrum Nutt.[12]
  • Cando o nome dun taxón se publica conxuntamente por dous autores, ambos deben citarse unindo os seus nomes coa palabra «et» ou o símbolo «&».[13] 
Devia xeromorpha Goldblatt et J.C.Manning (ou Goldblatt & J.C.Manning) é un taxón que foi descrito e publicado conxuntamente polos taxónomos Peter Goldblatt e John C. Manning.[14]
  • Cando a autoría dun nome científico difire da autoría da obra na cal foi válidamente publicado, ambos os autores son citados frecuentemente conectándoos coa palabra «in». En tales casos «in» e o que segue por detrás non son parte da cita do autor senón da cita bibliográfica e é mellor omitilo, a menos que se desexe citar o lugar onde o nome foi publicado.[15]  
En 1908 Hans Solereder atribuíu o nome da familia Strasburgeriaceae e a súa descrición válida a Phillippe Edouard van Tieghem quen—en realidade— usou o nome «Strasburgériacées»[16] (en francés, por iso non está validamente publicado segundo o artigo 18.4). O nome cítase entón como Strasburgeriaceae Tiegh., ou Strasburgeriaceae Tiegh. in Solereder cando é necesario prover unha cita bibliográfica ademais do nome científico.[17]
O nome «Zephyranthes drummondii D.Don in Sweet, Brit. Fl. Gard. 7: t. 328 (1836)» indica que a especie foi validamente descrita por David Don e publicada no tomo 7 editado en 1836 da obra de Robert Sweet chamada «The British flower garden: containing coloured figures & descriptions of the most ornamental & curious hardy herbaceous plants». Porén, o nome correcto da especie é simplemente Zephyranthes drummondii D.Don
  • O nome dun novo taxón debe ser atribuído ao autor ou autores da publicación na que a descrición válida aparece por primeira vez, aínda que o nome se atribúa a un autor diferente. Pódese, no entanto, recoñecer a autoría do nome científico inserindo a palabra «ex» logo do mesmo, seguido do nome do autor ou autores da descrición válida.[18] 
En 1865 Berthold Carl Seemann publicou o nome Gossypium tomentosum, atribuíndoo a Thomas Nuttall, seguido da descrición válida da especie.[19] Polo tanto, o nome desa especie de algodón pode ser citado como «G. tomentosum Nutt. ex Seem.» ou, simplemente, como «G. tomentosum Seem».[20]

Abreviatura do autor[editar | editar a fonte]

Nos taxóns de plantas, os nomes dos autores cítanse de forma abreviada, de acordo a normas estandarizadas. Richard Kenneth Brummitt e C.E. Powell publicaron no contexto dos estándares TDWG, en 1992, unha nómina das abreviaturas dos autores de nomes científicos de plantas en conformidade coas normas provistas polo Código Internacional de Nomenclatura para algas, fungos e plantas.[21] Tal nómina actualízase continuamente e faise pública nas páxinas web das organizacións denominadas «International Plant Names Index» (IPNI; en galego, Índice internacional de nomes de plantas)[22] e «Index Fungorum » (en galego, « Índice de fungos»).[23] A norma principal en canto á abreviatura do nome do autor dun nome científico dun taxón de plantas é que a abreviatura debe ser abondo longa como para ser distintiva e debería terminar cunha consonante que, no nome completo, precede a unha vogal. As primeiras letras do nome deben probarse sen omisión, pero unha das últimas consoantes pode engadirse de ser necesario.[24] Exemplos:

"L." é a abreviatura de Carl Linné; "Fr." para Elias Magnus Fries; "Juss". para Antoine-Laurent de Jussieu; Rich. para Louis Claude Marie Richard; Bertol. para Antonio Bertoloni, para distinguilo de Carlo Luigi Giuseppe Bertero, "Bertero"; Michx. para André Michaux, para distinguilo de Marc Micheli, "Micheli". [25]

Taxóns de animais[editar | editar a fonte]

As normas e recomendacións para citar ao autor ou autores dun taxón de animais atópanse descritas no capítulo 11 do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, as cales se detallan a continuación:[3]

  • No caso dos taxóns de animais, a cita do autor é opcional, a pesar de que é de uso corrente e recomendable.[26]
  • Recoméndase que se cite o autor ou autores polos seus apelidos e a data da publicación. O nome do autor escríbese a continuación do nome do taxón sen ningún signo de puntuación entre eles, fóra dos casos que se describen no próximo punto.[27] 
O nome científico do lobo foi outorgado en 1758 por Carl Linné, polo que se escribe: Canis lupus Linnaeus, 1758.
  • Cando unha determinada especie se cambia a un xénero que non é o orixinal (acto nomenclatural que se denomina «combinación»), o nome do autor da descrición e nome inicial colócase entre paréntese. O ano, se se cita, débese colocar no mesmo paréntese.[28] 
Carl Linné outorgoulle ó león o nome de Felis leo en 1758, pero logo esa especie foi transferida por outro autor ó género Panthera, polo que o nome científico e a cita do autor escríbense así: Panthera leo (Linnaeus, 1758) ou bien, Panthera leo (Linnaeus).
  • Se se desexa pódese citar tamén o nome do autor que realizou unha nova combinación.[29] 
  • Se o apelido de dous ou máis autores pode dar lugar a confusións, distinguiranse tamén polos seus nomes, como en bibliografía científica.[30] 
O zoólogo francés Étienne Geoffroy Saint-Hilaire o seu fillo Isidore Geoffroy Saint-Hilaire cítanse como É.Geoffroy e I.Geoffroy, respectivamente, como en Saimiri boliviensis E.Geoffroy, 1834 e Saimiri ustus I.Geoffroy, 1843
  • Se o apelido do autor está orixinalmente escrito nunha lingua que non use o alfabeto latino, deberase transliterar.[31] 
O entomólogo ruso Эдуард Эверсман translitérase como Eduard Eversmann e cítase co seu apelido en alfabeto latino, por exemplo en Aeshna viridis Eversmann, 1836.

Taxóns de bacterias[editar | editar a fonte]

As normas e recomendacións para citar ao autor ou autores dun taxón de bacterias atópanse descritas na sección 6 do Código Internacional de Nomenclatura de Bacterias.[4]

  • Na nomenclatura das bacterias o nome do autor non se abrevia —contrariamente ás normas da nomenclatura botánica— e o ano de publicación do taxón non se separa do nome do autor por unha coma, a diferenza da norma da nomenclatura de animais. 
O nome «Paenibacillus polymyxa (Prazmowski 1880) Ash et al. 1994», ou tamén, «Paenibacillus polymyxa (Prazmowski) Ash et al. 1994» indica que Prazmoski é o autor do basónimo —como Clostridium polymyxa— e que Ash é o autor da combinación.
  • Se a alteración da circunscrición dun taxón ou dos seus caracteres diagnósticos modifica a natureza de dito taxón, o autor responsable pode ser indicado polo agregado da abreviatura «emend.» (do latín «emendavit», emendado) seguido do nome do autor responsable do cambio. Por exemplo:[32] 
  • Un nome que se conserva a pesar de que o tipo do taxón ao que alude foi excluído, non debe ser referido ao autor orixinal senón ao autor cuxo concepto ou definición do taxón se conservou.[33] 
Aeromonas liquefaciens, é a especie tipo orixinal do xénero Aeromonas. Porén, foi excluída de dito xénero. Por esa razón o nome do xénero Aeromonas atribúese a Roger Y. Stanier 1943 e non a Albert Kluyver & C. B. van Niel 1936, e a nova especie tipo do xénero é A. hydrophila.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tormo Molina, R. Nomenclatura botánica Lecciones Hipertextuales de Botánica. Consultado o 23 de febreiro de 2010.
  2. Dimitri, M. 1987. Enciclopedia Argentina de Agricultura y Jardinería. Tomo I, Editorial ACME, Buenos Aires, páx. 4.
  3. 3,0 3,1 International Commission on Zoological Nomenclature. 2000. Chapter 11: Authorship. INTERNATIONAL CODE OF ZOOLOGICAL NOMENCLATURE. Fourth Edition. ISBN 0-85301-006-4
  4. 4,0 4,1 SP Lapage, P.H. Sneath, V.B.D. Skerman, E.F. Lessel, H.P.R. Seeliger, W.A. Clark. International Code of Nomenclature of Bacteria, 1990 Revision. (Bacteriological Code). Section 6. Citation of Authors and Names. ASM Press, Washington, D.C. 1992, ISBN 1-55581-039-X
  5. International Association for Plant Taxonomy. 2006. International Code for Botanical Nomenclature. Division II. Rules and recommendations, Chapter IV, Effective and valid publication, Section 3. Author citations..
  6. International Association for Plant Taxonomy. 2006. International Code for Botanical Nomenclature. Author citations. Art.46.1
  7. Vanni Ricardo O., Kurtz Ditmar B. 2005. Nueva variedad y precisiones taxonómicas para el género Vicia (Leguminosae) en el norte de la Argentina. Darwiniana vol.43, n.1-4 [citado 2010-03-27], pp. 216-231
  8. International Association for Plant Taxonomy. 2006. International Code for Botanical Nomenclature. Author citations. Art. 46.2.
  9. Hilliard, O.M. & Burtt, B.L. 1986. Notes on some plants of southern Africa chiefly from Natal. Part XIII. Notes from the Royal Botanic Garden Edinburgh 43: 220-225
  10. International Association for Plant Taxonomy. 2006. International Code for Botanical Nomenclature. Author citations. Art. 46.2., ex. 3.
  11. A flora of North America: containing abridged descriptions of all the known indigenous and naturalized plants growing north of Mexico; arranged according to the natural system. Nova York, Wiley e Putnam
  12. International Association for Plant Taxonomy. 2006. International Code for Botanical Nomenclature. Author citations. Art. 46.2., ex. 4.
  13. International Association for Plant Taxonomy. 2006. International Code for Botanical Nomenclature. Author citations. Art. 46.C.1.
  14. Peter Goldblatt, John C. Manning. 1990. Devia xeromorpha, A New Genus and Species of Iridaceae-Ixioideae from the Cape Province, South Africa. Annals of the Missouri Botanical Garden, Vol. 77, No. 2, pp. 359-364.
  15. International Association for Plant Taxonomy. 2006. International Code for Botanical Nomenclature. Author citations. Art. 46.2., Note 1.
  16. J. Bot. (Morot) 17: 204. 1903
  17. International Association for Plant Taxonomy. 2006. International Code for Botanical Nomenclature. Author citations. Art. 46.2., Exemplo 12.
  18. International Association for Plant Taxonomy. 2006. International Code for Botanical Nomenclature. Author citations. Art. 46.4.
  19. Seemann, B.C. 1865. Flora Vitiensis 22.
  20. International Association for Plant Taxonomy. 2006. International Code for Botanical Nomenclature. Author citations. Exemplo 23.
  21. R.K. Brummitt; C.E. Powell, ed. (1992). Authors of Plant Names: A List of Authors of Scientific Names of Plants, with Recommended Standard Forms of Their Names, Including Abbreviations. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 0947643443. 
  22. International Plant Names Index. Consultado o 6 de marzo de 2010.
  23. Index Fungorum. Consultada o 6 de marzo de 2010.
  24. International Association for Plant Taxonomy. 2006. Código internacional para a nomenclatura botánica. Citas de autores. Recomendación 46.A.2
  25. Asociación Internacional para a Taxonomía das Plantas. 2006. Código internacional para a nomenclatura botánica. Citas de autores. Recomendación 46.A.2, Ex.: 2
  26. International Commission on Zoological Nomenclature. 2000. Chapter 11: Authorship, article 50. Authors of names and nomenclatural acts. Arquivado 24 de maio de 2009 en Wayback Machine. INTERNATIONAL CODE OF ZOOLOGICAL NOMENCLATURE. Fourth Edition. ISBN 0-85301-006-4
  27. International Commission on Zoological Nomenclature. 2000. Chapter 11: Authorship, article 50 and 51.2. Authors of names and nomenclatural acts, Form of citation of authorship. INTERNATIONAL CODE OF ZOOLOGICAL NOMENCLATURE. Fourth Edition. ISBN 0-85301-006-4
  28. 51.3.
  29. International Commission on Zoological Nomenclature. 2000. Chapter 11: Authorship. Recommendation 51G. Citation of person making new combination. Authors of names and nomenclatural acts, Form of citation of authorship. INTERNATIONAL CODE OF ZOOLOGICAL NOMENCLATURE. Fourth Edition. ISBN 0-85301-006-4
  30. International Commission on Zoological Nomenclature. 2000. Chapter 11: Authorship, article 50. Authors of names and nomenclatural acts. Recomendación 51.A. INTERNATIONAL CODE OF ZOOLOGICAL NOMENCLATURE. Fourth Edition. ISBN 0-85301-006-4
  31. International Commission on Zoological Nomenclature. 2000. Chapter 11: Authorship, article 50. Authors of names and nomenclatural acts. Recomendación 51.B. INTERNATIONAL CODE OF ZOOLOGICAL NOMENCLATURE. Fourth Edition. ISBN 0-85301-006-4
  32. SP Lapage, P.H. Sneath, V.B.D. Skerman, E.F. Lessel, H.P.R. Seeliger, W.A. Clark. International Code of Nomenclature of Bacteria, 1990 Revision. (Bacteriological Code). Section 6. Citation of Authors and Names. Citation of the Name of a Taxon whose Circumscription Has Been Emended. Rule 35. ASM Press, Washington, D.C. 1992, ISBN 1-55581-039-X
  33. SP Lapage, P.H. Sneath, V.B.D. Skerman, E.F. Lessel, H.P.R. Seeliger, W.A. Clark. International Code of Nomenclature of Bacteria, 1990 Revision. (Bacteriological Code). Section 6. Citation of Authors and Names. Citation of a Name Conserved so as to Exclude the Type. Rule 36. ASM Press, Washington, D.C. 1992, ISBN 1-55581-039-X

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]