Autofecundación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A autofecundación é un tipo de fecundación que se caracteriza pola unión dos elementos de distinto sexo pertencentes a unha mesma planta ou a un mesmo individuo. Fecundación en que se unen os gametos masculino e feminino dun organismo hermafrodita. Fusión de células masculinas e femininas (gametos) provenientes dun mesmo individuo.[1]

A autofecundación ocorre en organismos bisexuados, entre eles a maioría das fanerógamas, numerosos protozoos e moitos invertebrados. Moitos organismos capaces de autofecundación tamén poden reproducirse por fecundación cruzada. Como mecanismo evolutivo, a autofecundación permite que un individuo illado forme unha poboación local e estabilice cepas xenéticas desexables, pero non ofrece un grao significativo de variabilidade dentro dunha poboación e, polo tanto, limita as posibilidades de adaptación aos cambios ambientais.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Autofecundación". Consultado o 24/09/2021.