Austroglossus microlepis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Austroglossus microlepis
Linguado austral do oeste
Estado de conservación
Datos insuficientes
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Soleidae
Xénero: Austroglossus
Especie: A. microlepis
Nome binomial
Austroglossus microlepis
Bleeker, 1863 [1]
Sinonimia
  • Synaptura microlepis Bleeker, 1863

Austroglossus microlepis é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos, unha das dúas que integran o xénero Austroglossus,[1] coñecida en galego como linguado austral do oeste.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por primeira vez en 1863 polo ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker, baixo o nome de Synaptura microlepis, sendo posteriormenre reclasificada dentro do xénero Austroglossus, que creara Regan en 1920.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Xénero

Véxase en Austroglossus.

Especie

O nome específico, microlepis deriva do elemento do grego antigo μικρο- micro-, de μικρόσ micrós, "pequeno", e do termo grego λεπίς lepís, "escama". Literalmente: "de escamas pequenas".

Características[editar | editar a fonte]

As principais características morfolóxicas desta especie son:[3]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

É unha especie mariña, batidemersal, que vive a profundidades de entre os 100 e os 400 m. Distribúese polas costas de África do sur, entre os 17 °S e os 35 °S, desde o norte de Namibia até a Baía Falsa (False Bay).[4] Suráfrica.[3]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

As larvas son peláxicas, mentres que os adultos viven cerca do fondo do mar. Os adultos aliméntanse de peixes, crustáceos, moluscos e vermes.[3]

Pesca[editar | editar a fonte]

O linguado austral do oeste é un peixe comestíbel, pescándose activamente nas zonas onde vive (Atlántico suroriental).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Austroglossus microlepis (Bleeker, 1863) no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 84.
  3. 3,0 3,1 3,2 Austroglossus microlepis (Bleeker, 1863) en FishBase.
  4. Baía situada entre a península do Cabo e o cabo Hangklip ou Punta Espiñosa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fenner, Robert M. (2001): The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications.
  • Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, EUA: Prentice-Hall.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]