Aurora Reyes Flores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aurora Reyes Flores
Nacemento9 de setembro de 1908
 Parral
Falecemento26 de abril de 1985
 Cidade de México
NacionalidadeMéxico
Ocupaciónpintora
editar datos en Wikidata ]

Aurora Reyes Flores, nada en Hidalgo del Parral, Chihuahua, o 9 de setembro de 1908 e finada en Cidade de México o 26 de abril de 1985, foi unha artista plástica mexicana,[1] primeira expoñente feminina del muralismo mexicano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Reyes era a filla do soldado León Reyes e da súa esposa Luisa Flores. O seu avó foi o xeneral Bernardo Reyes, e o seu tío o escritor e filósofo Alfonso Reyes.[2]

Despois do inicio da Revolución, das constantes persecucións políticas, a súa familia mudouse á Cidade de México. Cando a situación se calmou, Reyes uniuse á Escola Nacional Preparatoria con trece anos. Alí coñeceu a Frida Kahlo, quen foi a súa amiga, e á que dedicou a obra Retrato de Frida fronte ao espello en 1946. Foron importantes unha para a outra, tanto que Reyes fixo parte da garda de honra no funeral de Kahlo. Outra grande amiga de Reyes foi Concha Michel, amizade que floreceu cando Kahlo casou a finais da década de 1920.[3]

Foi expulsada da institución despois dun enfrontamento cunha prefecta por causas políticas.[2] Ingresou na Escola Nacional de Belas Artes, aínda que non concluíu os seus estudos e decidiu ser autodidacta.

Aurora Reyes casou co xornalista Jorge Godoy, e tiveron un fillo en 1926, a quen chamaron Héctor. Pouco tempo despois do seu divorcio en 1931 tivo o seu segundo fillo, Jorge. Mantivo unha relación amorosa co poeta cubano Nicolás Guillén.[4]

Reyes, a pesar do éxito na súa carreira e da súa extravertida personalidade, morreu case esquecida o 26 de abril de 1985 na Cidade de México. As súas cinzas foron enterradas nas raíces dun magnolio que ela sementara no xardín da súa casa en Coyoacán, na rúa Xochicaltitla. Alí colocouse unha placa coa lenda:

Hoxe, branca e lumniosa, naciches Yololxóchitl: magna flor das flores. A lúa é o teu diadema ateigado de diamantes. Hoxe, branca e luminosa, naciches, Yololxóchitl.
Hoy, blanca y luminosa, naciste Yololxóchitl: magna flor de las flores. La luna es tu diadema cuajada de diamantes. Hoy, blanca y luminosa, naciste, Yololxóchitl.[5]

Carreira artística[editar | editar a fonte]

Reyes foi a primeira muralista mexicana, coñecida tamén polos seus excelentes escritos.

De 1921 a 1923, foi estudante na Escola Nacional de Belas Artes. En 1925 levouse a cabo a súa primeira exposición individual na galería ARS. Expuxo a súa obra no Salón da Plástica Mexicana e participou en exhibicións colectivas en Francia, Cuba, os Estados Unidos e México.

En 1927, comezou a dar clases de debuxo e pintura na Secretaria de Educación Pública, da que se retirou en 1964.

Durante a súa vida creou sete murais. En 1936, completou o seu mural Atentado ás mestras rurais no Centro Escolar da Revolución.[6] Entre 1960 e 1972 pintou catro murais no Auditorio 15 de Maio, do Sindicato Nacional de Trabajadores de la Educación (SNTE). En 1978 terminou o seu sexto mural na casa de Hernán Cortés en Coyoacán.[7]

Poesía[editar | editar a fonte]

O seu traballo literario inclúe obras como Nueva estancias en el desierto, Humanos paisajes e Espiral en retorno, obras polas que lle outorgaron premios en poesía.

Os seus poemas dan mostra do seu carácter feminista, e son un estandarte de exaltación á muller. As súas obras máis representativas son:

  • A veces hago un viaje
  • Estancia en el desierto
  • La palabra inmóvil
  • Códice del olvido
  • La máscara desnuda
  • Madre nuestra la tierra
  • Recóndita espiral

Política[editar | editar a fonte]

Aurora Reyes durante a súa vida foi unha convencida promotora dos dereitos das mulleres, en concreto do dereito ao voto e a ocupar un cargo público.

Reyes foi unha personaxe que loitou pola igualdade social en México, razón pola que recibiu o alcume da «Magnolia Iracunda».[2] Foi membro do Partido Comunista Mexicano, membro fundador da Liga de Escritores e Artistas Revolucionarios (LEAR) e da Confederación Nacional Campesina. Tamén promoveu a creación de escolas infantís para os fillos e as fillas dos mestres.[4][3]

En 1960 participou con outros intelectuais nunha folga de a favor dos presos políticos en México, e en 1968, participou no levantamento estudantil, evento que a obrigou a ocultarse no hospital psiquiátrico La Castañeda.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Comisarenco, Dina (10 de marzo de 2019). "Las mujeres muralistas en México que reconfiguraron la historia de esa expresión artística". Sin Embargo (en castelán) (México). Consultado o 22 de abril de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Aurora Reyes: La primera muralista mexicana". Cultura Colectiva (en castelán). 4 de abril de 2015. Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Comisarenco Mirkin, Dina (2005). Aurora Reyes's "Ataque a la Maestra Rural": The First Mural Created by a Mexican Female Artist. JSTOR. 
  4. 4,0 4,1 Arias-Jirasek, Rita; Nieto, Alejandro G.; Carlos, Christina; Mercado, Veronica, eds. (2008). Women Artists of Modern Mexico: Mujeres artistas en el México de la modernidad/Frida’s Contemporaries: Las contemporáneas de Frida. Chicago/Mexico City: Frida National Museum of Mexican Art/museo Mural Diego Rivera. p. 156. ISBN 978-1-889410-05-0. 
  5. "Libérrima y salvaje, Aurora Reyes, primera muralista mexicana -- Araceli Zuñiga". www.jornada.unam.mx. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  6. Medel, Leticia Sánchez. "Reivindican a Aurora Reyes, artista "borrada" de la historia". Milenio (en castelán). Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  7. Cervantes, Erika (2003). "La revolución pictórica de Aurora Reyes". CimacNoticias. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]