Auréola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
O deus Apolo.
Virxe e Xesús cun halo.

Unha auréola[1] ou halo é un círculo que aparece nas representacións artísticas de personaxes significativos coa finalidade de exaltar a súa figura.

Simbolismo[editar | editar a fonte]

Malia que na actualidade é asociado cos santos cristiáns, é un símbolo moito máis antigo. Aparece presente nalguhas representacións iconográficas do hinduísmo.[2] e na arte exipcia como unha transposición do sol, igual que a coroa.

Os faraóns e deuses portaban o sol na testa, símbolo da divindade Ra. Posteriormente Apolo, como deus do sol, foi representado cun halo, e Xesucristo, o novo rei-deus, debía portar un signo de graza divina. Esta asociación sol-deus, que aparece nos escritos de Platón e nos himnos homéricos, derivou na literatura en descricións de heroes que semellaban ter unha refulxencia sobrenatural, o cal era un sinal de "iluminación" por parte dos deuses. Esta marca pode adoptar a forma dun círculo de chamas na arte relixiosa tántrica, ou ben na cabeza ou arredor do corpo da figura.

O halo é un elemento moi importante da iconografía cristiá, mais tamén o é no budismo, sobre todo no Mahayana e no budismo tibetano. Adoita estar presente nas representacións de Buda e das divindades asociadas coa relixión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para auréola.
  2. Eckard Schleberger, Die Indische Götterwelt. Eugen Diederich Verlag. 1997 (en alemán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]