Aumento ebuloscópico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diagrama de fases da auga.[1]

O aumento ou ascenso ebuloscópico é o aumento da temperatura de ebulición que experimenta unha disolución respecto da temperatura de ebulición do disolvente puro.

A magnitude do ascenso ebuloscópico, ∆Tb, vén dada pola diferenza de temperaturas de ebulición da disolución e do disolvente puro, Tb e Tb*, respectivamente:

O aumento ou ascenso ebuloscópico é unha das propiedades coligativas e, coma o resto destas propiedades, a magnitude de ascenso só depende da natureza do disolvente e da cantidade disolta de soluto, é dicir, é independente da natureza do soluto. Dito noutras palabras, calquera soluto, na mesma cantidade, produce o mesmo efecto.[1][2][3] Na figura adxunta represéntase o diagrama de fases da auga. Unha disolución acuosa experimenta un descenso da presión de vapor do líquido, o cal se traduce nun ascenso da temperatura de ebulición, xa que é precisa máis temperatura pola presión de vapor do disolvente na disolución igual á presión atmosférica.[1]

As investigacións máis destacadas sobre este fenómeno débense ó químico francés François Marie Raoult e datan de 1887.[4] Raoult conseguiu unha ecuación experimental que reproduce ben os datos que se obteñen a baixas concentracións onde a curva se achega a unha recta. Outros científicos, entre os cales destacan Jacobus van' t Hoff, Wilhelm Ostwald e Ernst Otto Beckmann, ampliaron posteriormente os estudos sobre o ascenso ebuloscópico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Díaz Peña, M.; Roig Muntaner, A. (1980). Química física (en castelán) (1a ed. ed.). Madrid: Alhambra. pp. 874–875. ISBN 84-205-0575-7. 
  2. Rodríguez, J. A.; Ruíz, J.J. i Urieta, J.S. (setembro de 2000). Termodinámica química. Madrid: Síntesis. ISBN 84-7738-581-5. 
  3. Babor, J.A.; Ibarz, J. (1979). Química General Moderna (en castelán) (8a ed. ed.). Barcelona: Marín. ISBN 84-7102-997-9. 
  4. Raoult, F.M (1887). "Loi générale des tensions de vapeur des dissolvants". Comptes Rendus (en francés) (París) 104: 1430–1433.