Aulorrínquidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aulorhynchus flavidus

Os Aulorrínquidos ou trompudos (Aulorhynchidae) son unha familia de peixes mariños costeiros, incluída na orde Gasterosteiformes. Distribúense polo norte do Pacífico, desde o Xapón ata México.

Características[editar | editar a fonte]

Teñen un corpo alargado e estreito, con escudos óseos laterais, con series de 24 a 26 pequenas espiñas dorsais curtas e illadas. Tras estas, unha aleta dorsal con 10 raios brandos, atrasada; oposta á anal; as aletas pelvianas cunha espiña dura e catro raios brandos; a caudal con 13 raios brandos.

Lonxitude máxima 17 cm en Aulorhynchus flavidus.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Comprenden dous xéneros cunha única especie cada un:

  • Xénero Aulichthys:
    • Aulichthys japonicus (Brevoort en Gill, 1862)
  • Xénero Aulorhynchus:
    • Aulorhynchus flavidus (Gill, 1861)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]