Saltar ao contido

Auguste Patey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAuguste Patey
Nome orixinalHenri-Auguste-Jules Patey
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1855.
Francia París, Francia.
Morte16 de maio de 1930 (74 anos)
París, Francia.
Cargos
Gravador xeral de moedas
de Francia
Período1930 – 1896
AntecesorJean Lagrange.
SucesorLucien Bazor
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Francés.
EducaciónEscola Nacional Superior de Belas Artes Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónEscultor, medallista e deseñador de moedas.
EmpregadorMonnaie de Paris.
Membro de
Academia de Belas Artes de París.
Instituto de Francia.
ProfesoresHenri Chapu, François Jouffroy e Jules Clément Chaplain Editar o valor en Wikidata
AlumnosLouis Charles Muller e Léon Georges Baudry Editar o valor en Wikidata
Influencias
Familia
CónxuxeLouise Gabrielle Julie Cœur de Vache. Editar o valor en Wikidata
PaisJacques Jerome Exavier Patey Editar o valor en Wikidata  e Marie Rose Bonne Delaport. Editar o valor en Wikidata
Premios
1875: 2º Premio de Roma.
1881: 2º Premio de Roma.
1898: Cabaleiro da Lexión de Honra.

WikiTree: Patey-160


Marca de Patey como gravador xeral de moedas

Henry Auguste Jules Patey, coñecido como Auguste Patey, nado en París o 9 de setembro de 1855 e finado na mesma cidade o 16 de maio de 1930, foi un escultor, medallista e deseñador de moedas francés, que exerceu o cargo de gravador xeral de moedas de Francia entre 1896 e 1930.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Auguste Patey naceu en París o 9 de setembro de 1855, fillo de Marie Rose Bonne Delaporte e do escultor en pedra Jacques Jerome Exavier Patey.[1][2]

Logo de se formar co escultor Henri Chapu,[3] e máis tarde en gravado de medallas con Jules Clément Chaplain, en 1873 ingresou na Escola Nacional Superior de Belas Artes de París, onte estudou no taller de François Jouffroy.[4][5][6][2]

Traxectoria artística e profesional

[editar | editar a fonte]

Logo de acadar o segundo premio en 1875, en 1881 acadou o primeiro Premio de Roma,[3][7] o que levou aparellada unha posterior estadía como bolseiro na Villa Médicis de Roma, entre 1882 e 1884.[2]

En 1877 comezou a expor no Salón de París e nos anos seguintes mantívose fiel a esta cita, na que foi expondo anualmente as súas medallas e as súas obras de escultura.[8] No Salón foi premiado en varias ocasións, e na convocatoria de 1894 acadou a medalla de primeira clase; na Exposición Universal de 1889 o xurado concedeulle unha medalla de bronce,[4] e na Exposición Universal de París de 1900 a medalla de ouro.[2] Do mesmo xeito, durante eses anos participou coas súas medallas nos certames convocados para as principais exposicións internacionais, como as celebradas en Barcelona, Anveres, Lión, Bruxelas e Hanoi, entre outras.[5]

Baixorrelevo cun retrato de Louis Pasteur (1895).

Patey foi nomeado o 22 de abril de 1896 como gravador xeral de moedas de Francia,[9] en substitución de Jean Lagrange, cargo que ocupou ata o seu falecemento en 1930. Durante o seu exercicio, escolleu como marca distintiva un facho, que adoita aparecer en todas as moedas emitidas pola Monnaie de Paris durante ese período.[5][10]

Nas moedas creadas por el utilizou a abreviatura "A. PATEY" como marca de gravador. Ademais de ser o autor de varias moedas circulantes en Francia, Patey foi autor de numerosas moedas para outros estados e territorios,[11] a maioría deles de soberanía ou de influencia francesa (Camerún, as illas Comores, a illa Guadalupe, a Indochina francesa, Irán, Iugoslavia, o Líbano, Siria, Tailandia, Togo e Tunisia).[12]

Ademais das moedas, Augusto Patey foi autor dun bo número de medallas e de plaquetas en bronce.[13][14] Por outra banda, a Patey débeselle tamén a creación de diversas obras escultóricas, entre as que cabe salientar un busto de M. Henri Dubois (1877), unha estatua xacente de Mademoiselle Roty no cemiterio de Montparnasse (1895) ou un medallón dedicado a Pasteur (1896).[15]

“ A arte de Augusto Patey ten a súa orixe en Jules Clément Chaplain e en Oscar Roty, combinando a plenitude do primeiro coa delicadeza do segundo
— L. Benedite (1899).[16]
”

Auguste Patey foi elixido o 11 de xaneiro de 1913 como membro titular na sección de Gravado da Academia de Belas Artes, do Instituto de Francia,[9][2][17] e anteriormente fora nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra, o 15 de xuño de 1898.[4][6][18][19]

Entre 1913 e 1926, exerceu a docencia como profesor e xefe de taller na Escola Nacional Superior de Belas Artes de París.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Auguste Patey casou o 16 de setembro de 1898 en París con Louise Gabrielle Julie Cœur de Vache, e non se lle coñece descendencia.[1]

Patey finou en París o 16 de maio de 1930.[2]

Escolma de moedas

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 "Henri Auguste Jules Patey (1855 - 1930)". WikiTree.com
  2. 1 2 3 4 5 6 7 "Patey, Henri Auguste Jules". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr).
  3. 1 2 Widor, C.-M. (1930). Páxina 10.
  4. 1 2 3 Forrer, L. (1912). Páxina 422.
  5. 1 2 3 Mazerolle, F. (1898). Páxina 217.
  6. 1 2 "Auguste Patey". En Qui êtes-vous? Annuaire des contemporains; notices biographiques. G. Ruffy, París. 1924. Páxina 589.
  7. ↑ "Grands Prix de Rome de Gravure en médailles". Grande masse des beaux-arts (Grandemasse.org).
  8. ↑ Forrer, L. (1930).
  9. 1 2 Widor, C.-M. (1930). Páxina 12.
  10. ↑ Forrer, L. (1912). Páxina 423.
  11. ↑ Forrer, L. (1912). Páxina 428.
  12. ↑ "Henri-Auguste Patey". Numista.com
  13. ↑ "Catalogue de L'Oeuvre de M. Auguste Patey". En Mazerolle, F. (1898). Páxinas 219-225.
  14. ↑ Forrer, L. (1912). Páxinas 425-428.
  15. ↑ Mazerolle, F. (1898). Páxinas 217-218.
  16. ↑ L. Benedite (1899). "Art et Décoration". Tome IV. Psarís. Páxinas 49-50.
  17. ↑ "Auguste Patey". Académie des beaux-arts (Academiedesbeauxarts.fr).
  18. ↑ "Patey, Henri Auguste Jules". Archives Nationales (leonore.archives-nationales.culture.gouv.fr).
  19. ↑ Mazerolle, F. (1898). Páxina 218.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Jean Lagrange
Francia
Gravador xeral de moedas de Francia

1896 - 1930
Sucesor:
Lucien Bazor