Saltar ao contido

Auguste Nicolas Pomel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAuguste Nicolas Pomel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Nicolas Auguste Pomel Editar o valor en Wikidata
20 de setembro de 1821 Editar o valor en Wikidata
Issoire Editar o valor en Wikidata
Morteagosto de 1898 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Draâ El Mizan Editar o valor en Wikidata
Senador da Terceira República Francesa
30 de xaneiro de 1876 – 7 de xaneiro de 1882 – Rémy Jacques →
Circunscrición electoral: Oran Department (en) Traducir
Conselleiro xeral
1871 – 1880
Presidente Conselho departamental (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónFacultade de Ciencias de París - Doutor en Ciencias Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeoloxía, paleontoloxía e botánica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, xeólogo, enxeñeiro civil, político, paleontólogo, naturalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarSarxento Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaPomel Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Auguste Nicolas Pomel, nado en Issoire (Puy-de-Dôme) o 20 de setembro de 1821 e finado en Draâ El Mizan (Tizi Ouzou, Alxeria) en agosto de 1898,[1] foi un naturalista, xeólogo, paleontólogo e político francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado como enxeñeiro de minas, traballou como "garda de minas" durante 23 anos, dos cales 20 en Alxeria,[2][3] especializándose á vez no estudo dos en vertebrados fósiles do Norte de África.

Pomel obtivo o título de doutor en Ciencias na Universidade de París en 1883, con dúas teses, Classification méthodique et "genera" des échinidés vivants et fossiles e Contribution à la classification méthodique des crucifères.

Realizou numerosos traballos sobre a xeoloxía de Alxeria, e foi profesor durante máis de sete anos, desta disciplina e máis de mineraloxía na Escola Superior de Ciencias de Alxer, escola que dirixiu desde 1883 até 1888.[1]

Foi elixido Conselleiro Xeral do departamento de rexión de Orán de 1871 a 1880, Consello do que foi presidente durante 6 anos. Así mesmo foi senador po Orán no Senado da III República, polo partido Gauche républicaine (Esquerda Republicana), desde 1876 a 1882.

Distincións

[editar | editar a fonte]

Augusto Pomel foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honor o 7 de abril de 1887.[1] A insignia foille entregada por Marcellin Berthelot, Ministro de Instrución Pública e Belas Artes.[4]

Foi nomeado Oficial da Instrución Pública o 15 de abril de 1882.

Recibiu a medalla de prata no congreso da Sorbona de 1868, polos seus traballos xeolóxicos, e a medalla de ouro no de 1873 polo sseu estudo sobre o Sáhara.

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Catalogue méthodique et descriptif des vertébrés fossiles découverts dans le bassin hydrographique supérieur de la Loire et surtout dans la vallée de son affluent principal l'Allier. J.-B. Baillière, París, 1853.
  • Sur les Alcyonaires fossiles Miocenes de l'Algerie. 1868.
  • Nouveau guide de géologie, minéralogie et paléontologie. Deyrolle hijos, París, 1869.
  • Des races indigènes de l'Algérie et du rôle que leur reservent leurs aptitudes. 1871.
  • Le Sahara: observations de géologie et de géographie physique et biologique, avec des aperçus sur l'Atlas et le Soudan et discussion de l'hypothèse de la mer saharienne à l'époque préhistorique. Asociación Obreira V. Aillaud, Alxer, 1872.
  • Paléontologie, ou Description des animaux fossiles de la province d'Oran. A. Perrier, Orán, 1872.
  • Description et carte géologique du massif de Milianah. Savy, París, 1873.
  • Paléontologie, ou Description des animaux fossiles de l'Algérie. 2 vols., A. Jourdan, Alxer, 1885-1887.
  • Carte géologique de l'Algérie... Description stratigraphique générale de l'Algérie, 1890.

Epónimos

[editar | editar a fonte]
Xénero
Especies

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Pomel emprégase para recoñecer a Auguste Nicolas Pomel como autoridade na descrición e taxonomía en botánica e zooloxía.

  1. 1 2 3 Ver o documento n° 1 da base Léonore en liña.
  2. ↑ Ver o documento n° 2 da base Léonore en liña
  3. ↑ O grado de garde des mines dábaselle naquela época aos enxeñeiros do Servizo de Minas que non saíran do Instituto Politécnico para ingresar no corpo de Minas.
  4. ↑ Ver o documento n° 3 d base Léonore en liña.
  5. ↑ Mat. Fl. Atl. 7 (1860). (IK).
  6. ↑ Umbelliferae World 1524, nom. nov. 1979 (IK)
  7. ↑ in Batt. et Trab. Fl. de l'Alger. [Dicot.] 1889 442 (IK)
  8. ↑ Bull. Soc. Bot. France 11: 45. 1864 (IK)
  9. ↑ Cat. Fl. Rif Orient. 12, nomen alternativ. 1933 (IK)
  10. ↑ Mem. Acad. Sc. Clermont vi. 1864 303 (IK)
  11. ↑ Bull. Soc. Hist. Nat. Afrique N. 1935, xxvi. 231 (IK)
  12. ↑ Nat. Pflanzenfam. [Engler & Prantl] iv. III A. 302 (IK)
  13. ↑ Cat. Pl. Vasc. Baléares 70. 1880 (IK)
  14. ↑ Abh. Nat. Ver. Bremen xi. 1892 338. 339 (IK)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]