August Petermann
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (de) August Heinrich Petermann 18 de abril de 1822 Bleicherode |
| Morte | 25 de setembro de 1878 Gotha |
| Causa da morte | suicidio |
| Lugar de sepultura | Cemiterio principal de Gotha |
| Educación | Geographical Art School (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Xeografía |
| Ocupación | cartógrafo, xeógrafo, ilustrador científico, xornalista de opinión |
| Membro de | |
| Profesores | Heinrich Berghaus |
| Alumnos | Ernst Georg Ravenstein e Ludwig Friederichsen (en) |
| Obra | |
| Arquivos en |
|
| Familia | |
| Cónxuxe | Clara Mildred Leslie (1856–1875) |
| Irmáns | Hermann Petermann |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Петерман Август) Allgemeine Deutsche Biographie |
August Heinrich Petermann, nado en Bleicherode, preto de Nordhausen, o 18 de abril de 1822 e finado en Gotha o 25 de setembro de 1878, foi un xeógrafo e cartógrafo alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Escola xeográfica de arte de Potsdam e en 1845 trasladouse a Edimburgo para traballar como axudante de Keith Johnston na realización dunha edición inglesa do Atlas de Xeografía Física de Heinrich Berghaus.
En 1847 pasou a residir en Londres e en 1854 converteuse director do Instituto Xeográfico de Justus Perthes de Gotha, e fundou a revista Petermanns Geographische Mitteilungen en 1855. Petermann foi o editor da 4ª, 5ª e 6ª edicións do Stielers Handatlas.
A súa obra axudou a fixar a xeografía do interior de África e das rexións do Polo Norte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mapa de Texas, Territorio indio, Louisiana, Arkansas, Missouri e Kansas (1870), realizado por August Petermann e publicado por Justus Perhes (The Portal of the Texas History).