Augas de Frádegas, Santa Mariña do Castro de Amarante, Antas de Ulla
Augas de Frádegas | |
---|---|
Balneario de Augas de Frádegas | |
Parroquia | Santa Mariña do Castro de Amarante |
Concello | Antas de Ulla |
Coordenadas | 42°49′47″N 7°57′15″O / 42.829602, -7.954215Coordenadas: 42°49′47″N 7°57′15″O / 42.829602, -7.954215 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Augas de Frádegas é un lugar da parroquia de Santa Mariña do Castro de Amarante no concello lugués de Antas de Ulla na comarca da Ulloa. Forma un único núcleo xunto con Frádegas (Pidre, Palas de Rei).
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Augas de Frádegas ten dous elementos. Augas débese á construción dun balneario xunto á desembocadura do rego de Frádegas no río Ulla. A voz Frádegas deriva do latín Fabrĭca, referido a unha fragua, lugar onde se traballa o ferro.[1]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Consérvanse os restos do balneario, construído a partir de 1890, e dun amplo muíño. O edificio, de dous andares cun patio interior, acollía na planta baixa a fonte e as salas de baños, e no primeiro andar as instalacións hostaleiras. O conxunto complétase cunha capela e outras construcións auxiliares en ruínas, todas de cachotaría. As augas, que abrollan entre unhas rochas na parte esquerda do río a 18 °C cun caudal de 40 l/min, están indicadas para o aparello dixestivo, o fígado, reuma e pel.[2]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santa Mariña do Castro de Amarante
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Santa Mariña do Castro de Amarante no concello de Antas de Ulla (Lugo) | |
---|---|
Augas de Frádegas | O Coto | Frádegas | Os Píos | Santa Mariña | Toande | Vilariño |
Parroquias de Antas de Ulla
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 26, 51. ISBN 978-84-17807-36-8.
- ↑ "Balneario de Augas de Frádegas". Concello de Antas.